División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página9/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
1   ...   5   6   7   8   9   10   11   12   ...   15
Partido Nazi, a palabra "euxenesia" rara vez se usa polos defensores de tales programas.

SÓ UNS POUCOS GOBERNOS TEÑEN ACTUALMENTE ALGO PARECIDO A UN PROGRAMA EUXENÉSICO NO MUNDO. EN 1994 CHINA APROBOU A LEI DE ASISTENCIA SANITARIA MATERNAL E INFANTIL, QUE INCLUÍA UNHA EXPLORACIÓN PREMARITAL OBRIGATORIA PARA "ENFERMIDADES XENÉTICAS DE NATUREZA GRAVE" E "ENFERMIDADES MENTAIS RELEVANTES". AOS QUE SE LLES DIAGNOSTICABAN TALES ENFERMIDADES SE OS OBRIGABA A NON CASAR, A ACEPTAR "MEDIDAS ANTICONCEPTIVAS A LONGO PRAZO" OU A SOMETERSE Á ESTERILIZACIÓN.

Na literatura bioética moderna, a historia da euxenesia presenta moitas cuestións morais e éticas. OS COMENTARISTAS SUXERIRON QUE A "NOVA EUXENESIA" XURDIRÁ DE TECNOLOXÍAS REPRODUTIVAS QUE PERMITIRÁN AOS PAIS CREAR OS CHAMADOS "BEBÉS DE DESEÑO" (o que o biólogo Lee M. Silver denominou "reproxenética"). ARGUMENTOUSE QUE ESTE TIPO "NON COACTIVO" DE "MELLORA" BIOLÓXICA ESTARÁ PREDOMINANTEMENTE MOTIVADO POLA COMPETITIVIDADE INDIVIDUAL E O DESEXO DE LOGRAR "AS MELLORES OPORTUNIDADES" PARA OS FILLOS MÁIS QUE POLO IMPULSO DE MELLORAR A ESPECIE QUE CARACTERIZOU AS FORMAS DE EUXENESIA DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX. Debido a esta natureza non coactiva, a falta de implicación do Estado e as diferenzas nas metas, algúns comentaristas cuestionaron que estas actividades sexan euxenéticas.

ALGÚNS ACTIVISTAS PROMINUSVÁLIDOS ARGUMENTAN QUE AÍNDA QUE AS SÚAS DISCAPACIDADES PODEN PROVOCARLLES DOR E MALESTAR, O QUE REALMENTE LLES INCAPACITA COMO MEMBROS DA SOCIEDADE É UN SISTEMA SOCIOCULTURAL QUE NON RECOÑECE O SEU DEREITO A UN TRATO XENUINAMENTE IGUALITARIO. TAMÉN SE MOSTRAN ESCÉPTICOS SOBRE QUE ALGUNHA FORMA DE EUXENESIA PUIDERA BENEFICIAR AOS DISCAPACITADOS DE TERSE EN CONTA O TRATO QUE LLE DISPENSARON AS CAMPAÑAS EUXENÉSICAS HISTÓRICAS.

James D. Watson, o primeiro director do Proxecto xenoma humano, iniciou o Programa de implicacións éticas, legais e sociais (Ethical, Legal and Social Implications Program), que financiou varios estudos sobre as implicacións da ENXEÑARÍA XENÉTICA HUMANA.

DISTINGUIDOS XENETISTAS ENTRE OS CALES ESTÁN OS GAÑADORES DO PREMIO NOBEL JOHN SULSTON ("NON CREO QUE UN DEBA TRAER AO MUNDO A UN NENO CLARAMENTE MINUSVÁLIDO")[38] E WATSON ("UNHA VEZ QUE TEMOS UNHA FORMA PARA MELLORAR OS NOSOS FILLOS, NINGUÉN PODE DETELA")[39] APOIAN O DIAGNÓSTICO XENÉTICO. Qué ideas deberían describirse como "euxenéticas" segue a ser un asunto polémico en círculos de investigadores e de opinión pública. Algúns observadores como Philip Kitcher describiron o uso do diagnóstico xenético por parte dos pais como a habilitación dunha forma de euxenesia "voluntaria".[40]

Algunhas subculturas modernas defenden diferentes formas de euxenesia apoiada por CLONACIÓN HUMANA E ENXEÑARÍA XENÉTICA HUMANA, algunhas veces como parte dun novo culto (véxase o movemento raeliano, cosmoteísmo ou prometeísmo). Estes grupos falan tamén de "neoeuxenesia", "evolución consciente" ou "liberdade xenética".

OS TRAZOS CONDUCTUAIS IDENTIFICADOS TAMÉN COMO POTENCIAIS OBXECTIVOS DE MODIFICACIÓN MEDIANTE ENXEÑARÍA XENÉTICA HUMANA INCLÚEN A INTELIXENCIA, A DEPRESIÓN, A ESQUIZOFRENIA, O ALCOHOLISMO, O COMPORTAMENTO (OU ORIENTACIÓN) SEXUAL E A DELINCUENCIA.

MÁIS RECENTEMENTE, NO REINO UNIDO PODERÍA DICIRSE QUE O CASO A COROA CONTRA JAMES EDWARD WHITTAKER-WILLIAMS SENTOU UN PRECEDENTE AO PROHIBIR O CONTACTO SEXUAL ENTRE PERSOAS CON "PROBLEMAS DE APRENDIZAXE". O ACUSADO, UN HOME CON PROBLEMAS DE APRENDIZAXE, FOI ENCARCERADO POR BICAR E ABRAZAR A UNHA MULLER DA MESMA CONDICIÓN. ESTE FALLO BASEOUSE NA LEI DE DELITOS SEXUAIS, DE 2003, QUE REDEFINE OS BICOS E ABRAZOS COMO SEXUAIS E AFIRMA QUE AS PERSOAS CON PROBLEMAS DE APRENDIZAXE SON INCAPACES DE DAR O SEU CONSENTIMENTO INDEPENDENTEMENTE DE QUE O ACTO IMPLIQUE COACCIÓN OU NON. OS OPOSITORES A ESTA LEI ATACÁRONA POR TRAER DE VOLTA A EUXENESIA POLA PORTA DE ATRÁS BAIXO O DISFRAZ DA EXIXENCIA DE "CONSENTIMENTO".[41]

Compañías de seguros, planes de saúde e centros de inmigración están usando os novos descubrimentos científicos para detectar características xenéticas. O diagnóstico prenatal de posíbeis defectos permite a opción polo aborto. Estímase que entre o 91 % e o 93 % dos fetos diagnosticados con Síndrome de Down foron abortados [42] Estes temas, así como a SIDA, foron discutidos con base a presupostos euxénicos, sen que se explicitase esta referencia.

Disxenia

Disxenia.

A disxenia é a dexeneración xenética nas poboacións humanas modernas, e xorde coa medicina moderna, cando diversas enfermidades de carácter xenético comezaron a tratarse, e as vítimas de tales doenzas comezaron a ter unha expectativa de vida maior, posibilitando a transmisión de certas doenzas ás futuras xeracións, o que contribuiría ao acumulo de enfermidades en cada xeración. Tal feito foi amplamente discutido entre os euxenistas modernos, e recentemente foi publicado un libro do científico inglés Richard Lynn tratando do asunto.[43]

Críticas

Enfermidades fronte a trazos

MENTRES A CIENCIA DA XENÉTICA SUBMINISTROU CADA VEZ MÁIS MEDIOS PARA PODER IDENTIFICAR E ENTENDER CERTAS CARACTERÍSTICAS E ENFERMIDADES, DADA A COMPLEXIDADE DA XENÉTICA HUMANA, A CULTURA E A PSICOLOXÍA, NON HAI NESTE MOMENTO NINGÚN MEDIO PARA DETERMINAR AS CARACTERÍSTICAS QUE SERÍAN DEFINITIVAMENTE DESEXÁBEIS OU INDESEXÁBEIS. AS MANIPULACIÓNS EUXENÉSICAS DESTINADAS A REDUCIR A PROPENSIÓN CARA Á CRIMINALIDADE E A VIOLENCIA, POR EXEMPLO, PODERÍAN DAR LUGAR A QUE A POBOACIÓN TERMINASE SENDO ESCRAVIZADA POR UN AGRESOR EXTERNO SE PERDE A CAPACIDADE DE DEFENDERSE A SI MESMA. Por outra parte, as enfermidades xenéticas como a hemocromatose poden incrementar a vulnerabilidade ante algunhas doenzas, provocar deformidades físicas e outras disfuncións. Medidas euxenéticas contra moitas destas enfermidades xa están a emprenderse en países de todo o mundo, mentres que as medidas contra características que afectan máis sutilmente e se entenden peor, como a criminalidade, están relegadas ao ámbito da especulación e a ciencia ficción. Os efectos das enfermidades son en esencia totalmente negativos e as sociedades de todas as partes do mundo buscan reducir a súa incidencia por varios medios, algúns dos cales son euxenéticos en todo salvo no nome. As outras características que se discuten teñen efectos tanto positivos como negativos e xeralmente non se controlan na actualidade en ningún lugar.

Pendente esvaradía

Unha crítica comunmente feita á euxenesia é que, como queda demostrado pola súa historia, inevitabelmente leva a medidas que resultan pouco éticas (véxase Lynn, R., 2001). H. L. Kaye escribiu que "a verdade obvia é que a euxenesia foi desacreditada polos crimes de Hitler" (véxase Kaye, H. L., 1989). R. L. Hayman argumentou que "o movemento euxenético é anacrónico, revelándose as súas implicacións políticas polo Holocausto" (véxase Hayman, R. L., 1990).

Steven Pinker afirmou que é "unha opinión ortodoxa entre os académicos de esquerda que é que os xenes implican xenocidio". Respondeu a esta "opinión ortodoxa" comparando a historia do marxismo, que tiña a posición oposta á do nazismo sobre os xenes:

Pero o século XX sufriu dúas ideoloxías que levaron a xenocidios. A outra, o marxismo, non tiña en conta a raza, non cría nos xenes e negaba que a natureza humana fose un concepto significativo. Claramente, non é un énfase nos xenes ou a evolución o que é perigoso. O é o desexo de refacer a humanidade mediante métodos coactivos (euxenesia ou enxeñaría social) e a crenza de que a humanidade avanza grazas a unha loita na que os grupos superiores (raza ou clases) trunfan sobre os inferiores”.

Steve Sailer[44]

Richard Lynn argumenta que calquera filosofía social é susceptíbel de uso ético incorrecto. AÍNDA QUE OS PRINCIPIOS CRISTIÁNS AXUDARON Á ABOLICIÓN DA ESCRAVITUDE E A INSTITUCIÓN DE PROGRAMAS DE BENESTAR SOCIAL, LYNN ADVIRTE QUE A IGREXA CRISTIÁ TAMÉN QUEIMOU A MOITOS DISIDENTES E FIXO A GUERRA CONTRA OS INFIEIS, ASASINANDO OS CRUZADOS CRISTIÁNS A GRAN NÚMERO DE MULLERES E NENOS. TAMÉN ARGUMENTA QUE A RESPOSTA APROPIADA É CONDENAR ESTAS MORTES, PERO CRER QUE O CRISTIANISMO "INEVITABELMENTE LEVA Á EXTERMINACIÓN DE AQUELES QUE NON ACEPTAN A SÚA DOUTRINA" CARECE DE XUSTIFICACIÓN (LYNN, 2001).

A euxenesia na cultura popular

A euxenesia é un tema recorrente na ciencia ficción. A novela UN MUNDO FELIZ de Aldous Huxley explora o tema en profundidade, ao igual que a máis recente (e cientificamente actualizada) película GATTACA, cuxa trama xira en torno ao diagnóstico xenético. Boris Vian (baixo o pseudónimo Vernon Sullivan) adoptou un enfoque máis alegre na súa novela Que morran os feos.

Algunhas das novelas que tocan este tema son A porta ao país das mulleres de Sheri S. Tepper e Esa horríbel fortaleza de C. S. Lewis. As Guerras Euxenéticas son unha parte importante da historia de fondo do universo de Star Trek (episodios Semente espacial, Terra fronteiriza, Estación Fría 12, Os amplificados e a película A ira de Khan). A euxenesia é tamén unha parte importante da trama da película de James Bond Moonraker (o personaxe de Sir Hugo Drax está baseado en Adolf Hitler).

Na serie de novelas Dune de Frank Herbert os programas de reprodución selectiva constitúen un tema importante. Ao comezo da serie, a orde relixiosa Bene Gesserit manipula os patróns reprodutivos durante moitas xeracións para crear ao Kwisatz Haderach. En Deus Emperador de Dune, o emperador Leto II volve a manipular a reprodución humana para lograr os seus propios fins. Os Bene Tleilax tamén empregaron a enxeñaría xenética para crear seres humanos con atributos xenéticos concretos.

Nas novelas Os fillos de Matusalén e Tempo para amar de Robert A. Heinlein, créase un gran fondo de inversións para dar incentivos financeiros aos matrimonios entre persoas cuxos pais e avós foron lonxevos. O resultado é un subconxunto da poboación da Terra que ten unha esperanza de vida significativamente maior que a media. Os membros deste grupo aparecen en moitas das outras obras deste autor.

No libro de Eoin Colfer The Supernaturalist, Ditto é un bebé Bartoli, nome dun experimento fallido do famoso Dr. Bartoli, quen intentou crear unha raza superior de humanos, pero terminou en desenvolvemento atrofiado, con mutacións, incluíndo percepción extrasensorial e imposición de mans.

Na serie televisiva de ciencia ficción de Gene Roddenberry Andrómeda, toda a raza nietzscheana está fundada sobre os principios da reprodución selectiva.

Na serie do Mundo Anel, de Larry Niven, o personaxe Teela Brown é un resultado de varias xeracións de gañadores da "lotaría da procreación", un sistema que intenta animar ás persoas gañadoras a procrear.
1   ...   5   6   7   8   9   10   11   12   ...   15

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com