División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página8/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
1   ...   4   5   6   7   8   9   10   11   ...   15

A euxenesia de contado transformouse nun movemento que acadou innumerábeis adeptos entre a inmensa maioría dos científicos e, sobre todo, entre a poboación en xeral na súa época dourada (1870-1933). Acabou promovendo a reprodución humana selectiva como intento de obter nenos con características desexábeis, xeralmente mediante o método de influír sobre as taxas de natalidade diferenciais.

Pero trouxo, porén, debido ao seu simplismo e ao arcaísmo da súa análise, a súa propia decadencia. No pasado, as políticas euxenéticas negativas foron desde a segregación e a esterilización forzosa, até o mesmo xenocidio. As políticas euxenéticas positivas tomaron tipicamente a forma de premios ou bonificacións para os pais "aptos". Prácticas relativamente inocuas como a orientación matrimonial, teñen vínculos coa ideoloxía euxenética. Pero as súas ideas sobreviven.

A euxenesia é diferente do que máis tarde se coñecería como darwinismo social.[13] Aínda que ambos sosteñan que a intelixencia é hereditaria, a euxenesia afirmaba que eran necesarias novas políticas para cambiar activamente o statu quo cara a un Estado máis "euxenético", mentres que os darwinistas sociais argumentaban que a propia sociedade "advertiría" naturalmente o problema da "disxenesia" se non se poñían en práctica políticas de benestar social (por exemplo, os pobres poderían reproducirse máis, pero terían taxas de mortalidade máis elevadas).

A euxenesia e o Estado (1890-1945)

Estados Unidos

UN DOS PRIMEIROS DEFENSORES MODERNOS DAS IDEAS EUXENÉSICAS (ANTES AÍNDA DE QUE FORAN CUALIFICADAS COMO TALES) FOI ALEXANDER GRAHAM BELL. EN 1881 BELL INVESTIGOU A TAXA DE XORDEIRA EN MARTHA'S VINEYARD, MASSACHUSETTS. DISO CONCLUÍU QUE A XORDEIRA ERA DE NATUREZA HEREDITARIA E RECOMENDOU A PROHIBICIÓN DO MATRIMONIO CON XORDOS ("MEMORIA SOBRE A FORMACIÓN DUN TIPO DE XORDEIRA NA RAZA HUMANA") INCLUSO A PESAR DE QUE EL MESMO ESTABA CASADO CUNHA XORDA. COMO MOITOS OUTROS DOS PRIMITIVOS EUXENETISTAS, PROPUXO CONTROLAR A INMIGRACIÓN CON FINS EUXENÉSICOS E ADVERTIU QUE OS COLEXIOS CON INTERNADO PARA XORDOS PODERÍAN CONSIDERARSE POSIBELMENTE COMO LUGARES DE CRÍA DUNHA RAZA HUMANA XORDA.

NOS EE.UU. FOI ONDE XURDIU A EUXENESIA NEGATIVA, COMBINACIÓN ENTRE AS TEORÍAS EUXÉNICAS EUROPEAS E O RACISMO (XA EXISTENTE NAQUEL PAÍS), QUE CONSISTE NA ELIMINACIÓN DAS FUTURAS XERACIÓNS DE INCAPACES (DOENTES, INDIVIDUOS DE RAZAS INDESEXADAS E EMPOBRECIDOS) A TRAVÉS DA PROHIBICIÓN DE CASAMENTOS, ESTERILIZACIÓNS COERCITIVAS E EUTANASIA. COMO TEORÍA, FLORECEU NO FINAL DO SÉCULO XIX, CANDO OS INMIGRANTES NON XERMÁNICOS ERAN MAL VISTOS POLOS DESCENDENTES DOS PRIMEIROS COLONIZADORES.

Comezando por Connecticut, en 1896, moitos estados dos EE.UU. aprobaron leis sobre o matrimonio con criterios euxenéticos, prohibindo casar a calquera que fose "epiléptico, imbécil ou débil mental".

O patrocinio privado á euxenesia comezou nos EE.UU. nos anos iniciais do século XX. Os seus principais financiadores, así como do racismo, foron os millonarios John D. Rockefeller, Harriman, Carnegie e tantos outros. Ao capital uníronse científicos de Harvard, Yale, Princeton e Stanford.

En 1898 Charles Davenport, un prominente biólogo estadounidense, comezou a traballar, como director dunha estación de investigación biolóxica do Brooklin Institute of Arts and Science, situada en Cold Spring Harbor, nuns experimentos sobre a evolución de plantas e animais. Alí, en 1904, Davenport recibiu fondos do Instituto Carnegie para que fundara a Estación de evolución experimental. Apoiado por criadores de animais e especialistas en sementes que participaban no movemento euxenista, fundou en 1909 o Eugenics Record Office (Oficina de rexistro de euxenesia), que creou un rexistro dos antecedentes xenéticos de americanos e co que pretendía forzar ao goberno para que promovera leis que propiciasen a prevención do nacemento de individuos indesexábeis. A Eugenics Record Office abriu en 1910, e Davenport e Harry H. Laughlin empezaron a promocionar a euxenesia.[14]

A EUGENICS RECORD OFFICE REUNIU UNHA ENORME COLECCIÓN DE ÁRBORES XENEALÓXICAS E CONCLUÍU QUE OS QUEN ERAN "NON APTOS" PROCEDÍAN DE ENTORNOS ECONÓMICA E SOCIALMENTE POBRES. EUXENISTAS COMO DAVENPORT, O PSICÓLOGO HENRY H. GODDARD E O CONSERVACIONISTA MADISON GRANT (TODOS MOI RESPECTADOS NA SÚA ÉPOCA) COMEZARON A PRESIONAR PARA LOGRAR DIVERSAS SOLUCIÓNS POLÍTICAS AO PROBLEMAS DOS "NON APTOS". (DAVENPORT AVOGABA POLA RESTRICIÓN DA INMIGRACIÓN E A ESTERILIZACIÓN COMO MÉTODOS PRINCIPAIS, GODDARD RECOMENDABA A SEGREGACIÓN NO SEU LIBRO A FAMILIA KALLIKAK, E GRANT ERA PARTIDARIO DE TODO O ANTERIOR E, ADEMAIS, CONSIDERABA INCLUSO A IDEA DO EXTERMINIO).[15]

Aínda que a súa metodoloxía e métodos de investigación considéranse actualmente moi defectuosos, na época pensábase que era unha investigación científica lexítima. Tivo sen embargo detractores científicos (notabelmente Thomas Hunt Morgan, un dos poucos mendelistas que criticou explicitamente, naquela época, a euxenesia), aínda que a maioría deles cuestionaron máis a primitiva metodoloxía dos euxenistas e a consideración de case calquera característica humana como hereditaria, pero non na idea da euxenesia en si.[16]

Durante o século XX, os investigadores, convencidos da idea de que as enfermidades mentais podían transmitirse dentro das familias, levaron a cabo varios estudos para documentar a herdabilidade de enfermidades tales como a esquizofrenia, o trastorno bipolar e a depresión. Estes intereses terminaron asociados co movemento euxenista.

O estado de Indiana foi o primeiro en legalizar a esterilización forzosa, seguido por outros 27 estados. Estas leis prohibían o matrimonio e forzaban a esterilización dos enfermos mentais co fin de evitar a "transmisión" das enfermidades mentais á seguinte xeración. Algúns estados esterilizaron aos "imbéciles" durante boa parte do século XX. As leis foron ratificadas polo Tribunal Supremo dos Estados Unidos cando en 1927 sentenciou, no caso Buck contra Bell, que o estado de Virxinia podía esterilizar aos considerados "no aptos".

A época máis importante de esterilizacións euxenéticas forzosas foi entre 1927 e 1963 cando unhas 64.000 persoas, a metade delas en California, se esterilizaron forzosamente baixo as leis euxenéticas dos Estados Unidos.[17]

UN INFORME FAVORÁBEL SOBRE OS RESULTADOS DA ESTERILIZACIÓN EN CALIFORNIA, CON MOITO O ESTADO QUE MÁIS ESTERILIZACIÓNS REALIZOU, PUBLICOUNO EN FORMATO DE LIBRO O BIÓLOGO PAUL POPENOE E SERÍA AMPLAMENTE CITADO POLO GOBERNO NAZI DE ALEMAÑA COMO EVIDENCIA DE QUE OS PROGRAMAS MASIVOS DE ESTERILIZACIÓNS ERAN FACTÍBEIS E HUMANOS. E CANDO OS DIRIXENTES NAZIS FORON XULGADOS POR CRIMES DE GUERRA NOS XUÍZOS DE NÚREMBERG DESPOIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL, XUSTIFICARON AS ESTERILIZACIÓNS MASIVAS (UNHAS 450.000 EN MENOS DE UNHA DÉCADA) CITANDO AOS ESTADOS UNIDOS COMO OS SEUS INSPIRADORES.[18]

A IDEA DO "XENIO" E O "TALENTO" TAMÉN FOI CONSIDERADA POR WILLIAM GRAHAM SUMNER, UN DOS FUNDADORES DA AMERICAN SOCIOLOGICAL SOCIETY (ACTUAL AMERICAN SOCIOLOGICAL ASSOCIATION), QUE MANTIÑA QUE SE O GOBERNO NON INTERFERÍA NA POLÍTICA SOCIAL, XURDIRÍA UNHA CLASE DE XENIOS NO CUMIO DO SISTEMA DE ESTRATIFICACIÓN SOCIAL, SEGUIDA DUNHA CLASE DE TALENTOS. E A MAIOR PARTE DO RESTO DA SOCIEDADE CAERÍA NA CLASE DOS MEDIOCRES. NA SÚA IDEA, AQUELES QUE SE CONSIDERABAN ANORMAIS (RETRASADOS MENTAIS, MINUSVÁLIDOS, ETC.) TIÑAN UN EFECTO NEGATIVO SOBRE O PROCESO SOCIAL AO CONSUMIREN RECURSOS NECESARIOS PARA OUTRAS COUSAS, E DEBERÍAN, POR TANTO, DEIXARSE SÓS PARA QUE SE VALESEN POR SI MESMOS, E OS DA CLASE DE DELINCUENTES (CRIMINAIS, PERVERTIDOS, ETC.) DEBERÍAN SER ELIMINADOS DA SOCIEDADE.[19]

Coa aprobación da lei de inmigración Johnson-Reed, os euxenistas xogaron por primeira vez un papel protagonista no debate do Congreso dos Estrados Unidos como expertos asesores sobre a ameaza de "liñaxes inferiores" procedentes do leste e o sur de Europa. Isto reduciu o número de inmigrantes do estranxeiro ao 15 % do continxente de anos anteriores, ao controlar o número de individuos "non aptos" que entraban no país.

A nova lei reforzou as anteriores que prohibían a mestura racial nun intento por conservar o acervo xenético.[20]

As consideracións euxenéticas tamén estiveron detrás da aprobación de leis sobre o incesto en boa parte dos Estados Unidos e usáronse para xustificar moitas leis antimiscexenación.[21]

Outros datos que permiten comprender o alcance da euxenesia nos Estados Unidos son:

  • En 1912 creouse o Comité Internacional de Euxenesia, dominado polos EE.UU., e o centro de Cold Spring Harbor era a base de adestramento de euxenistas de todo o mundo.

Varios autores, notabelmente Stephen Jay Gould, afirmaron repetidamente que as restricións sobre a inmigración aprobadas nos Estados Unidos durante os anos 1920 (e derogadas en 1965) estiveron motivadas pola euxenesia, en particular polo desexo de excluír ás razas consideradas "inferiores" do acervo xenético nacional. Durante o comezo do século XX, os Estados Unidos (e Canadá) comezaran a recibir un número moi grande de inmigrantes do sur e o leste de Europa. Euxenistas influentes como Lothrop Stoddard e Harry Laughlin (que foi designado como experto para testemuñar diante do Comité do Congreso para a Inmigración e Naturalización, en 1920) ARGUMENTABAN QUE ESTAS ERAN RAZAS "INFERIORES" CONTAMINARÍAN O ACERVO XENÉTICO NACIONAL SE O SEU NÚMERO NON SE RESTRINXÍA. E QUE ISTO LEVOU A AOS ESTADOS UNIDOS (E A CANADÁ) A APROBAR LEIS QUE CREABAN UNHA XERARQUÍA DE NACIONALIDADES, CLASIFICÁNDOAS DESDE OS MÁIS DESEXÁBEIS, ANGLOSAXÓNS E NÓRDICOS, ATÉ OS INMIGRANTES CHINESES E XAPONESES, AOS QUE SE LLES PROHIBIU CASE COMPLETAMENTE ENTRAR NO PAÍS.[22]

Sen embargo, varias persoas, entre elas Franz Samelson, Mark Snyderman e Richard Herrnstein, argumentaron que, baseándose no exame dos rexistros dos debates do Congreso sobre política de inmigración, non se deu virtualmente consideración ningunha a estes factores. Segundo estes autores, as restricións foron primordialmente motivadas polo desexo de manter a integridade cultural do país fronte ao forte influxo dos estranxeiros.[23] Esta interpretación, porén, non é aceptada pola maioría dos historiadores da euxenesia.

Alemaña nazi

As ideas alemás sobre euxenesia son antigas, e veñen do Essai sur l'inégalité des races humaines (Ensaio sobre as desigualdades das razas humanas) do Conde de Gobineau, publicado en 1854.

Pero alcanzan a súa máxima expresión no III Reich. O NAZISMO DESENVOLVEU VARIAS TEORÍAS CON RESPECTO DAS RAZAS. DICÍA QUE PODÍAN ESTABLECERSE CIENTIFICAMENTE UNHA XERARQUÍA ESTRITA ENTRE AS RAZAS HUMANAS; Á CABEZA, ESTABA A "RAZA NÓRDICA", E MÁIS ABAIXO, AS "RAZAS INFERIORES". NO DERRADEIRO CHANZO DESTA XERARQUÍA ESTABAN AS "RAZAS PARASITAS", OU "UNTERMENSCHEN", "SUBHUMANOS", OS CALES ERAN CONSIDERADOS COMO PERIGOSOS PARA A SOCIEDADE. OS QUE ESTABAN MÁIS ABAIXO DE TODOS NA POLÍTICA RACIAL DA ALEMAÑA NAZI ERAN OS AFRICANOS, XITANOS, POLACOS E XUDEUS. OS XITANOS E OS XUDEUS ERAN EVENTUALMENTE CONSIDERADOS LEBENSUNWERTES LEBEN ("DE VIDA INDIGNA DE VIVIR").

Os xudeus, e posteriormente os xitanos foron, expulsados da Alemaña Nazi antes de seren confinados en campos de concentración e despois exterminados durante o Holocausto. Richard Walther Darré, Ministro de Alimentación e Agricultura do Reich entre 1933 e 1942, popularizou a expresión "Blut und Boden" ("Sangue e solo"), unha das moitas expresións do glosario da ideoloxía nazi usadas para reforzar o racismo popular entre a poboación alemá.

Ideoloxía nazi

A ideoloxía nazi entendía que por ser a nación a expresión da raza, a importancia da raza podería avaliarse de acordo coa capacidade e desexo dunha "raza" de obter unha gran terra natal. As realizacións xermanas en ciencia, tecnoloxía, filosofía e cultura eran interpretadas como evidencias científicas para apoiar a ideoloxía racista nazi. A "PUREZA RACIAL" CONSIDERÁBASE COMO CARENTE DE PROTECCIÓN, MENTRES QUE AS CLÍNICAS LEBENSBORN TRATABAN DE XERAR UNHA "RAZA ARIA MÁIS PURA", INCLUSO A TRAVÉS DE ACCIÓNS COMO A DE QUITARLLE Á FORZA A NAIS NORUEGUESAS OS SEUS FILLOS E LEVALOS PARA SEREN CRIADOS NO TERCEIRO REICH.

Certas artes considerábanse capaces de xerar dexeneración racial polo que se cualificaron como artes dexeneradas ("Entartete Kunst"), e acusadas de seren non xermánicas senón "xudeu-bolxeviques".

Este conxunto de alegacións fíxose a partir dun movemento maior de racismo científico, desenvolvido conxuntamente con teorías de darwinismo social e evolucionismo unilineal, que SITUABAN A CULTURA EUROPEA NO LIDERADO MUNDIAL. O RACISMO CIENTÍFICO ENSINÁBASE NAS MELLORES UNIVERSIDADES DE EUROPA E DOS ESTADOS UNIDOS DURANTE A DÉCADA DE 1930.

O nazismo combinou isto con teorías panxermánicas e antisemitas, que inspiraron as políticas raciais do Terceiro Reich, en particular as leis de Núremberg de 1935. Alén diso, desenvolveu reivindicacións polos "Heimatvertriebene" ("alemáns desterrados"), isto é, membros do pobo alemán residentes fóra do Reich (por exemplo, os sudetes en Checoslovaquia). Tales teorías do racismo científico tamén se mesturaron con algunhas correntes nazis como a "Ariosofía", parte do misticismo nazi, que creara un mito en torno á chamada "raza aria". [24]

Filósofos e outros teóricos tamén participaron na elaboración da ideoloxía nazi. A relación entre Heidegger e o nazismo é aínda un asunto controvertido na historia da filosofía. De acordo co filósofo Emmanuel Faye, Heidegger di de Spinoza que era "ein Fremdkörper in der Philosophie", un "corpo estraño na filosofía" (Faye observa que Fremdkörper era un termo pertencente ao glosario nazi, e non ao alemán clásico).[25] O xurista Carl Schmitt elaborou unha filosofía do dereito loando o Führerprinzip e o pobo alemán, en tanto que Alfred Baeumler instrumentalizou o pensamento de Nietzsche, en particular o seu concepto de "Vontade de poder", nun intento de xustificar o nazismo.

Euxenistas estadounidenses intercambiaron ideas cos seus conxéneres na Alemaña nazi (véxase Lombardo, 2002; Kühl 1994).

Cara ao exterminio

EN 1935 AS "LEIS DE NÚREMBERG" PROHIBIRON O CASAMENTO E CALQUERA CONTACTO SEXUAL DE ALEMÁNS CON XUDEUS, PERSOAS CON PROBLEMAS MENTAIS, DOENZAS CONTAXIOSAS OU HEREDITARIAS, AÍNDA QUE EN 1933 XA ERA LEI A ESTERILIZACIÓN DE PERSOAS CON PROBLEMAS HEREDITARIOS E A CASTRACIÓN DE DELINCUENTES SEXUAIS, OU DE PERSOAS QUE NA CULTURA NAZI ASÍ AS CUALIFICARA, COMO ERA O CASO DOS HOMOSEXUAIS.

Como vimos, existen distincións entre dúas formas de euxenesia, a euxenesia positiva e a euxenesia negativa.[26] [27] A euxenesia positiva incentiva ás persoas saudábeis para que teñan máis fillos, mentres que a euxenesia negativa impide que persoas con certas limitacións se reproduzan.

A euxenesia positiva foi practicada tamén no Terceiro Reich, coa a creación de centros de reprodución humana do programa Lebensborn. Pero a Alemaña de Adolf Hitler foi famosa sobre todo polos programas euxenéticos que intentaban manter unha raza alemá "pura" mediante unha serie de medidas recollidas baixo a chamada "hixiene racial".

ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES, OS NAZIS REALIZARON EXTENSOS EXPERIMENTOS EN SERES HUMANOS VIVOS PARA COMPROBAR AS SÚAS TEORÍAS XENÉTICAS, INDO DESDE A SIMPLE MEDIDA DAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS AOS HORRENDOS EXPERIMENTOS EFECTUADOS POR JOSEF MENGELE E OTMAR VON VERSCHUER CON XEMELGOS NOS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN.

Entre os anos 1930 e 1940, o réxime nazi esterilizou forzosamente a centos de miles de persoas ás que se consideraban mental e fisicamente "non aptos" (estímase que unhas 400.000 entre 1934 e 1937).

A ESCALADA DO PROGRAMA NAZI PROVOCOU QUE OS DEFENSORES ESTADOUNIDENSES DA EUXENESIA DEMANDARAN UNHA AMPLIACIÓN DO SEU, CON QUEIXAS COMO QUE "OS ALEMÁNS ESTÁN A GAÑARNOS NO NOSO PROPIO XOGO".[28] OS NAZIS FORON INCLUSO MÁIS ALÁ, MATANDO DUCIAS DE MILES DE INVÁLIDOS OFICIAIS MEDIANTE PROGRAMAS OBRIGATORIOS DE EUTANASIA.[29]

TAMÉN IMPLANTARON VARIAS POLÍTICAS EUXENÉSICAS POSITIVAS, OUTORGANDO PREMIOS ÁS MULLERES ARIAS QUE TIÑAN UN GRAN NÚMERO DE FILLOS E PROMOVENDO UN SERVIZO NO QUE MULLERES SOLTEIRAS "RACIALMENTE PURAS" ERAN FECUNDADAS POR OFICIAIS DAS SS (LEBENSBORN). Moitas das súas preocupacións sobre a euxenesia e a hixiene racial estiveron tamén presentes no exterminio sistemático de millóns de persoas "indesexábeis", incluíndo xudeus, xitanos, testemuñas de Xehová e homosexuais durante o Holocausto (boa parte do equipo e os métodos de exterminio usados nos campos de concentración desenvolvéranse inicialmente nun programa de eutanasia).

Euxenesia en Latinoamérica. O Caso do Brasil

AS POLÍTICAS ESTATAIS DALGÚNS PAÍSES LATINOAMERICANOS DEFENDERON O PREDOMINIO SOCIAL BRANCO INCREMENTANDO A INMIGRACIÓN EUROPEA E ERRADICANDO AS POBOACIÓNS INDÍXENAS. ISTO É PARTICULARMENTE OBVIO EN ARXENTINA, CHILE E BRASIL, PAÍSES NOS QUE ESTE PROCESO SE COÑECE COMO BLANQUEAMIENTO E BRANQUEAMENTO, RESPECTIVAMENTE.

O Brasil foi o primeiro país da América do Sur en ter un movemento euxénico organizado. A Sociedade Eugênica de São Paulo, que se creou en 1918.[32] O movemento euxénico no Brasil foi bastante heteroxéneo, traballando na saúde pública e a saúde psiquiátrica. Unha parte do movemento euxenista, que pode ser cualificada de inxenua ou menos radical, dedicouse a áreas como o saneamento e a hixiene, sendo estes esforzos sempre aplicados en relación co movemento racial.

En 1931 creouse o Comitê Central de Eugenismo, presidido por Renato Kehl e Belisário Penna. Propoñía o fin da inmigración de non brancos, e "prestixiar e auxiliar as iniciativas científicas ou humanitarias de carácter euxenista que sexan dignas de consideración". Medidas que trataban impedir a miscixenación.[33] No Brasil, hixienismo e euxenismo confúndense.

A Revista Brasileira de Enfermagem pasou por tres fases en relación coa euxenesia; conceptuación (1931-1951), conflitos éticos, legais e morais (1954-1976), e euxenesia como asunto do comezo do século XX (1993-2002). Expresa tres categorías de conceptos:

  • 1 loita polo perfeccionamento euxénico do pobo brasileiro;

  • 2 responsabilidade do enfermeiro en relación ao tema, e

  • 3 non hai solución para os males sociais fóra das leis da bioloxía.

Outros países

Case todos os países occidentais non católicos adoptaron algunhas leis euxenéticas.

CANADÁ LEVOU A CABO MILES DE ESTERILIZACIÓNS FORZOSAS ATÉ OS ANOS 1970. MOITOS FIRST NATIONS (NATIVOS CANADENSES), ASÍ COMO INMIGRANTES DO LESTE DE EUROPA, FORON OBXECTO DESTE PROGRAMA QUE IDENTIFICABA COMO XENETICAMENTE INFERIORES ÁS MINORÍAS RACIAIS E ÉTNICAS.

SUECIA ESTERILIZOU POLA FORZA A 62.000 PERSOAS, PRINCIPALMENTE ENFERMOS MENTAIS, NAS ÚLTIMAS DÉCADAS, PERO TAMÉN MINORÍAS ÉTNICAS E RACIAIS AO PRINCIPIO, COMO PARTE DUN PROGRAMA EUXENÉSICO QUE DUROU 40 ANOS. COMO FOI O CASO DOUTROS PROGRAMAS, CRÍASE QUE A ETNIA E A RAZA TIÑAN RELACIÓN COA SAÚDE MENTAL E FÍSICA. AÍNDA QUE O PROGRAMA NON ERA DO AGRADO DE MOITOS SUECOS, OS POLÍTICOS NORMALMENTE O APOIABAN, MÁIS COMO UN MEDIO DE MELLORAR A SAÚDE SOCIAL QUE COMO A MEDIDA DE PROTECCIONISMO RACIAL QUE EN REALIDADE ERA. (O GOBERNO SUECO INDEMNIZOU POSTERIORMENTE AOS AFECTADOS).

Á parte dos programas a grande escala dos Estados Unidos e Alemaña, e os citados de Canadá e Suecia, outros países como Australia, o Reino Unido, Noruega, Francia, Finlandia, Dinamarca, Estonia, Islandia e Suíza levaron a cabo programas de esterilización de persoas declaradas deficientes mentais polo estado. SINGAPUR PRACTICOU UNHA FORMA LIMITADA DE EUXENESIA POSITIVA QUE INCLUÍA A PROMOCIÓN DO MATRIMONIO ENTRE GRADUADOS UNIVERSITARIOS COA ESPERANZA DE QUE ENXENDRARÍAN MELLORES FILLOS.[34]

NAS ÚLTIMAS DÉCADAS DENUNCIOUSE EN AUSTRALIA O ENGANO POR PARTE DE CERTOS MÉDICOS QUE, APROVEITANDO O DESCOÑECEMENTO E A CONFUSIÓN RESPECTO Á MEDICINA E Á LINGUAXE OCCIDENTAL, OBTIÑAN NESGADAS AUTORIZACIÓNS PARA FACEREN LIGADURAS DE TROMPAS DE FALOPIO A MULLERES ABORIXES, INCLUSO SEN FILLOS, CANDO ACUDÍAN A REVISAR OUTROS PROBLEMAS AOS HOSPITAIS. ESTAS PRÁCTICAS SUBREPTICIAS BUSCABAN REDUCIR A NATALIDADE ENTRE AS ETNIAS NATIVAS DA ILLA-CONTINENTE.

Situación actual

Estigmatización da euxenesia nos anos seguintes ao nazismo

Tras a experiencia da Alemaña nazi, políticos e membros da comunidade científica renegaron publicamente de moitas das ideas sobre a "hixiene racial" e os membros "non aptos" da sociedade. Os Xuízos de Núremberg contra antigos dirixentes nazis revelaron ao mundo moitas das prácticas xenocidas do réxime nazi e levaron á formalización de políticas de ética médica e a declaración sobre as razas da UNESCO en 1950.
NAS DÉCADAS SEGUINTES Á SEGUNDA GUERRA MUNDIAL, A EUXENESIA FÍXOSE CADA VEZ MÁIS IMPOPULAR PARA A CIENCIA ACADÉMICA.

Moitas sociedades científicas publicaron as súas propias "declaracións raciais" e A DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, DESENVOLVIDA EN RESPOSTA AOS ABUSOS COMETIDOS NA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL, ADOPTADA POLA ONU, AFIRMA NO SEU ARTIGO 16 QUE "OS HOMES E AS MULLERES, A PARTIR DA IDADE NÚBIL, TEÑEN DEREITO, SEN RESTRICIÓN NINGUNHA POR MOTIVOS DE RAZA, NACIONALIDADE OU RELIXIÓN, A CASAR E FUNDAR UNHA FAMILIA". A CONTINUACIÓN, A DECLARACIÓN DA UNESCO EN 1978 SOBRE A RAZA E OS PREXUÍZOS RACIAIS DECLARA QUE A IGUALDADE FUNDAMENTAL DE TODOS OS SERES HUMANOS É O IDEAL CARA AO QUE DEBERÍAN CONVERXER A ÉTICA E A CIENCIA.

Como reacción aos abusos nazis, a euxenesia pasou a ser case universalmente vilipendiada en moitas das nacións nas que fora unha vez popular (porén, os programas euxenéticos, incluíndo a esterilización, continuaron discretamente durante décadas). Moitos euxenistas dedicados antes da guerra ao que máis tarde sería cualificado como "criptoeuxenesia" enterraron decididamente as súas crenzas euxenéticas e convertéronse en respectados antropólogos, biólogos e xenetistas na posguerra (incluíndo a Robert Yerkes nos Estados Unidos e a Otmar von Verschuer en Alemaña). O euxenista californiano Paul Popenoe fundou a orientación familiar durante os anos 1950, un cambio de profesión que xurdiu dos seus intereses euxenéticos por promover os "matrimonios saudábeis" entre persoas "aptas".[35]

OS LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E UNIVERSITARIA ADOITABAN TEREN ENTRE 1920 E 1940 CAPÍTULOS SOBRE O PROGRESO CIENTÍFICO QUE SUPORÍA A APLICACIÓN DE PRINCIPIOS EUXENÉSICOS SOBRE A POBOACIÓN. Moitas publicacións científicas antigas dedicadas á xenética eran editadas por euxenistas e incluían artigos euxenéticos xunto con estudos sobre a herdanza en organismos non humanos. DESPOIS DE QUE A EUXENESIA CAERA EN DESGRAZA ANTE A COMUNIDADE CIENTÍFICA, A MAIOR PARTE DAS REFERENCIAS Á EUXENESIA ELIMINÁRONSE DOS LIBROS DE TEXTO E DAS EDICIÓNS DAS PUBLICACIÓNS IMPORTANTES. Incluso cambiaron os nomes dalgunhas delas para reflectir as novas actitudes.

A pesar do cambio de actitude da posguerra sobre a euxenesia nos Estados Unidos e Europa, uns poucos países, notabelmente Canadá e Suecia, mantiveron programas euxenéticos a grande escala, incluíndo a esterilización forzosa de individuos con taras mentais, así como outras prácticas, até os anos 1970. Nos Estados Unidos, as esterilizacións abolíronse nos anos 1960, a pesar de que o movemento euxenético perdera a maior parte da súa popularidade e apoio político a finais dos anos 1930.[36]

Euxenesia moderna e enxeñaría xenética

Euxenesia liberal.

Desde comezos dos anos 1980, cando o coñecemento sobre a xenética avanzou significativamente, a historia e os conceptos euxenéticos foron amplamente discutidos. Esforzos como o Proxecto xenoma humano lograron que a modificación efectiva da especie humana volva a parecer posíbel (como fixo a teoría orixinal da evolución de Darwin nos años 1860, xunto co redescubrimento das leis de Mendel a principios do século XX). A DIFERENZA A PRINCIPIOS DO SÉCULO XXI É A ACTITUDE CAUTELOSA CARA Á EUXENESIA, QUE SE CONVERTEU NUNHA CONSIGNA A TEMER MÁIS QUE A ABRAZAR.

Só uns poucos investigadores científicos (como o controvertido psicólogo Richard Lynn) pediron abertamente a adopción de políticas euxenéticas usando a tecnoloxía moderna, pero representan unha opinión minoritaria nos actuais círculos científicos e culturais.[37] Un intento de implantación dunha forma de euxenesia foi un "banco de esperma de xenios" (1980-99) creado por Robert Klark Graham, no que foron concibidos cerca de 230 nenos (o doante máis coñecido foi o gañador do premio Nobel William Shockley). Porén, en Estados Unidos e Europa estes intentos foron moi criticados por teren o mesmo espírito racista e clasista que as iniciativas euxenéticas dos anos 1930.

Debido á súa relación coa esterilización forzosa e os ideais raciais do
1   ...   4   5   6   7   8   9   10   11   ...   15

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com