División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página7/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   ...   15

Debido ás súas finalidades normativas e á súa relación histórica co racismo científico, así como a unha visión particular no desenvolvemento da ciencia da xenética, a comunidade científica internacional desvinculouse, hoxe en día, case totalmente do termo euxenesia; porén, aínda poden encontrarse, na comunidade científica, algúns defensores do que se deu en chamar a euxenesia liberal.

OS EUXENISTAS DEFENDEN POLÍTICAS ESPECÍFICAS QUE (DE TEREN ÉXITO) LEVARÍAN A UNHA MELLORA NOTÁBEL DO ACERVO XENÉTICO HUMANO. POSTO QUE DEFINIR AS MELLORAS QUE SON DESEXÁBEIS OU BENEFICIOSAS PERCÍBESE COMO UNHA ELECCIÓN CULTURAL MÁIS QUE COMO UN ASUNTO QUE PODA DETERMINARSE OBXECTIVAMENTE (É DICIR, POR INVESTIGACIÓNS EMPÍRICAS E CIENTÍFICAS), A EUXENESIA É CONSIDERADA A MIÚDO UNHA PSEUDOCIENCIA. O ASPECTO MÁIS DISCUTIDO DELA FOI A DEFINICIÓN DE "MELLORA" DO ACERVO XENÉTICO HUMANO, POR EXEMPLO DETERMINAR O QUE É UNHA CARACTERÍSTICA BENEFICIOSA E O QUE É UNHA CARACTARÍSTICA DEFECTUOSA. ESTE ASPECTO DA EUXENESIA FOI CONTAMINADO HISTORICAMENTE POLO RACISMO CIENTÍFICO.

Os primeiros euxenistas estaban máis preocupados polos factores observábeis da intelixencia, que a miúdo se correlacionaban coa clase social. MOITOS EUXENISTAS INSPIRÁRONSE NA CRÍA SELECTIVA DE ANIMAIS (ONDE ADOITABA TRABALLARSE DAQUELA PARA LOGRAR RAZAS PURAS) COMO ANALOXÍA PARA A MELLORA DA SOCIEDADE HUMANA. A MESTURA DE RAZAS (OU MISCEXENACIÓN) ADOITABA CONSIDERARSE COMO ALGO A EVITAR EN NOME DA PUREZA RACIAL. NAQUELA ÉPOCA ESTE CONCEPTO PARECÍA TER CERTO RESPALDO CIENTÍFICO, E SEGUIU SENDO UN ASUNTO BELIXERANTE ATÉ QUE O DESENVOLVEMENTO AVANZADO DA XENÉTICA LEVOU AO CONSENSO CIENTÍFICO DE QUE A DIVISIÓN DOS HUMANOS EN RAZAS DESIGUAIS É TOTALMENTE INXUSTIFICÁBEL. PERO ALGÚNS VEN ISTO COMO UN CONSENSO IDEOLÓXICO, DADO QUE A IGUALDADE, O MESMO QUE A DESIGUALDADE, É UNHA ELECCIÓN CULTURAL MÁIS QUE UN ASUNTO QUE POIDA SER DETERMINADO OBXECTIVAMENTE.

A euxenesia tamén se preocupou pola eliminación de enfermidades hereditarias tales como a hemofilia e a enfermidade de Huntington. Porén, hai varios problemas á hora de cualificar certos factores hereditarios como "defectos xenéticos":

  • En moitos casos non hai consenso científico sobre o que é un "defecto xenético". A miúdo arguméntase que é máis un asunto de elección social ou individual.

  • O que parece ser un "defecto xenético" nun contexto ou entorno pode non selo noutro. Este pode ser o caso dos xenes cunha vantaxe heterocigota, como os que provocan a anemia falciforme e a enfermidade de Tay-Sachs que, na súa forma heterocigota, poden ofrecer unha vantaxe contra, respectivamente, a malaria e a tuberculose.

  • Moitas persoas minusválidas ou inválidas poden ter éxito na vida.

  • Moitas das enfermidades que os primeiros euxenesistas identificaron como hereditarias (por exemplo, a pelagra) considéranse actualmente imputábeis completa ou polo menos parcialmente ás condicións medioambientais.

Parecidas preocupacións xurdiron cando o diagnóstico prenatal dunha enfermidade conxénita leva ao aborto.

As políticas euxenéticas clasifícanse conceptualmente en dúas categorías:

  • EUXENESIA POSITIVA, QUE FOMENTA A MAIOR REPRODUCIÓN DOS DESIGNADOS COMO "MÁIS APTOS", e

  • EUXENESIA NEGATIVA, QUE DESACONSELLA OU IMPIDE A REPRODUCIÓN DOS DESIGNADOS COMO "MENOS APTOS".

A euxenesia negativa non necesita ser sempre coactiva. Un Estado podería ofrecer recompensas económicas a certas persoas que se sometan á esterilización, aínda que algúns críticos poderían responder que tal incentivo, xunto coa presión social, podería percibirse como unha coacción. Por outra parte, a euxenesia positiva tamén pode ser coactiva. O aborto en mulleres "aptas" era ilegal na Alemaña nazi.

A EUXENESIA RECIBIU O APOIO DE DESTACADOS PENSADORES, INCLUÍNDO A ALEXANDER GRAHAM BELL, GEORGE BERNARD SHAW E WINSTON CHURCHILL. E FOI UNHA DISCIPLINA ACADÉMICA EN MOITOS INSTITUTOS E UNIVERSIDADES. DURANTE O SÉCULO XX, MOITOS PAÍSES PROMULGARON POLÍTICAS E PROGRAMAS EUXENÉSICOS, INCLUÍNDO PROMOCIÓN DE TAXAS DE NATALIDADE DIFERENCIAIS, ESTERILIZACIÓN OBRIGATORIA, ABORTOS FORZOSOS, RESTRICIÓN DO MATRIMONIO, EXPLORACIÓN XENÉTICA, CONTROL DA NATALIDADE, CONTROL DA INMIGRACIÓN, SEGREGACIÓN (TANTO RACIAL COMO DOS ENFERMOS MENTAIS) E XENOCIDIO.

A súa reputación científica comezou a decaer nos anos 1930, época en que Ernst Rüdin comezou a incorporar a retórica euxenética ás políticas raciais da Alemaña nazi. Durante o período da posguerra gran parte do público e da comunidade científica comezaron a asociar a euxenesia cos horríbeis abusos nazis, que incluíron a "hixiene racial" e o "exterminio".[6]

A maioría destas políticas foron posteriormente consideradas coactivas, restritivas ou xenocidas, e actualmente son poucas as leis que inclúen políticas explicitamente cualificadas de euxenéticas ou inequivocamente euxenéticas en esencia. Porén, aínda varios gobernos rexionais e nacionais de diversas partes do mundo mantiveron programas euxenéticos até os anos 1970. E a día de hoxe algunhas organizacións privadas axudan á xente con servizos de orientación xenética, e a reproxenética pode considerarse como unha forma de euxenesia liberal non patrocinada polo Estado.

Historia

A selección artificial de seres humanos suxeriuse desde moi antigo, polo menos desde os tempos da Grecia antiga, onde PLATÓN, que CRÍA QUE A REPRODUCIÓN HUMANA DEBÍA SER CONTROLADA POLO GOBERNO, deixou os seus puntos de vista ao respecto:

"Que os mellores cohabiten coas mellores tantas veces como sexa posíbel, e os peores coas peores ao contrario".

Platón, A república.

PLATÓN PROPOÑÍA QUE ESTE PROCESO DE CONTROL DA REPRODUCIÓN POLO GOBERNO SE OCULTASE AO PÚBLICO.[Cómpre referencia]

Outros exemplos antigos inclúen a práctica dos espartanos de abandonaren aos acabados de nacer débiles fóra dos límites da cidade para que morreran.

Contrariamente a unha xeneralizada creza popular, a euxenesia é inglesa, non alemá, en invención, e estadounidense, non alemá, na súa incorporación ás leis, como veremos de contado.

Teoría de Galton

A versión moderna da euxenesia formulouna por primeira vez Sir Francis Galton, curmán de Charles Darwin. Baseado na obra deste, A orixe das especies, onde aparece o concepto de selección natural, Galton propuxo a selección artificial para o melloramento da poboación humana segundo os criterios considerados como mellores na época.

Despois da lectura de A orixe das especies, entre os anos 1860 e 1870, Galton sistematizou as súas ideas de acordo co novo coñecemento sobre a evolución do home e os animais. INTERPRETOU A OBRA DE DARWIN NO SENTIDO DE QUE OS MECANISMOS DA SELECCIÓN NATURAL ERAN POTENCIALMENTE FRUSTRADOS POLA CIVILIZACIÓN HUMANA.

RAZOOU QUE, DADO QUE MOITAS SOCIEDADES HUMANAS PROCURABAN PROTEXER AOS DESFAVORECIDOS E AOS DÉBILES, DITAS SOCIEDADES ESTABAN ENFRONTÁNDOSE COA SELECCIÓN NATURAL RESPONSÁBEL DA EXTINCIÓN DOS MÁIS DÉBILES. SÓ CAMBIANDO ESTAS POLÍTICAS SOCIAIS, PENSOU GALTON, PODERÍA A SOCIEDADE SALVARSE DUNHA "REVERSIÓN CARA A MEDIOCRIDADE", UNHA FRASE QUE CUÑOU PRIMEIRO EN ESTATÍSTICA E QUE MÁIS TARDE CAMBIOU PARA A HOXE FRECUENTEMENTE USADA "REGRESIÓN CARA Á MEDIA".[7]

Galton comezou estudando a forma en que os trazos humanos intelectuais, morais e de personalidade tendían a presentarse nas familias. Seu argumento básico era que o "xenio" e o "talento" eran carácteres hereditarios nos humanos (aínda que nin el nin Darwin tiveran un modelo para describir este tipo de herdanza).

Galton concluíu que, xa que se pode usar a selección artificial para exaxerar certas características noutros animais, poderían esperarse resultados similares ao aplicarmos estas prácticas en humanos. Como escribiu na introdución de O xenio hereditario:

PROPÓÑOME MOSTRAR NESTE LIBRO QUE AS HABILIDADES NATURAIS DO HOME DERIVAN DA HERDANZA, BAIXO EXACTAMENTE AS MESMAS LIMITACIÓNS EN QUE O SON AS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS DE TODO O MUNDO ORGÁNICO. CONSECUENTEMENTE, COMO É FÁCIL, E A PESAR DESTAS LIMITACIÓNS, LOGRAR MEDIANTE A COIDADOSA SELECCIÓN UNHA RAZA PERMANENTE DE CANS OU DE CABALOS DOTADA DE ESPECIAIS FACULTADES PARA CORRER OU PARA FACER CALQUERA OUTRA COUSA, DA MESMA FORMA SERÍA BASTANTE FACTÍBEL PRODUCIR UNHA RAZA DE HOMES ALTAMENTE DOTADA MEDIANTE CASAMENTOS SENSATOS DURANTE VARIAS XERACIÓNS CONSECUTIVAS”.

Galton, O xenio hereditario, 1

Segundo Galton, a sociedade xa estaba fomentando as enfermidades disxenéticas, afirmando que os menos intelixentes se reproducían máis que os máis intelixentes. Galton non propuxo ningún sistema de selección, senón que esperaba que se acharía unha solución cambiando os bos costumes sociais de forma que animasen á xente a darse de conta da importancia da reprodución.

Galton usou por primeira vez a palabra euxenesia (eugenics) no seu libro de 1883 Investigacións sobre as facultades humanas e o seu desenvolvemento (Inquiries into Human Faculty and Its Development), no que quixo "mencionar os diversos tópicos máis ou menos relacionados co cultivo da raza ou, como poderiamos dicir, coas cuestións euxenéticas". Incluíu unha nota a pé de páxina para a palabra que rezaba:

Isto é, con cuestións relacionadas co que se denomina en grego eugenia, a saber, de boa liñaxe, dotado hereditariamente de cualidades nobres. Esta e as palabras relacionadas euxénico, etcétera) son igualmente aplicábeis a homes, bestas e plantas. Desexamos enormemente unha palabra breve para aludir á ciencia da mellora da liñaxe, que en ningún modo se limita ás cuestións de emparellamentos sensatos, senón que, especialmente no caso do home, toma conciencia de todas as influencias que tenden a dar aínda que sexa en remoto grao ás razas ou variedades máis aptas unha mellor oportunidade de prevalecer máis rapidamente sobre os menos aptos do que doutra forma faría. A palabra euxenesia expresaría suficientemente esta idea, sendo como mínimo unha palabra máis efectiva que viricultura, que unha vez me aventurei a usar”.

Francis Galton, Inquiries into human faculty and its development London, Macmillan, 1883, páx. 17, nota 1

Ao escribir o seu libro Hereditary Genius (O xenio herdado), en 1869, Galton observou, recompilou datos e sistematizou a intelixencia en varios membros de diversas familias inglesas durante sucesivas xeracións. A súa conclusión foi que a intelixencia por riba da media nos individuos dunha determinada familia se transmite hereditariamente (Bulmer argumenta que Galton fora tan tendencioso na explicación pola hereditariedade que nin sequera tomou o coidado de analizar os medios neurosociais de forma imparcial e proporcional).[10]

En 1904 Galton aclarou a súa definición de euxenesia como "a ciencia que trata sobre todas as influencias que melloran as calidades innatas dunha raza, e tamén con aquelas que as desenvolven até a maior vantaxe".[11]

POR CRER QUE A CONDICIÓN INNATA, E NON O AMBIENTE, DETERMINABA A INTELIXENCIA, GALTON PROPUXO UNHA EUXENESIA POSITIVA A TRAVÉS DE CASAMENTOS SELECTIVOS. NA SÚA ÉPOCA, A POBOACIÓN INGLESA CRECÍA NAS CLASES POBRES E DIMINUÍA NAS CLASES MÁIS RICAS E CULTAS, E SE TEMÍA UNHA DISXENIA OU DEXENERACIÓN BIOLÓXICA.

A formulación de Galton da euxenesia estaba baseada nun enfoque estatístico, fortemente influído pola "física social" de Adolphe Quetelet. Porén, a diferenza deste, Galton non exaltaba ao "home medio" senón que o desprezaba por mediocre. Galton e o seu herdeiro estatístico Karl Pearson desenvolveron o que se chamou o enfoque biométrico da euxenesia, que fixo aparecer novos e complexos modelos estatísticos (máis tarde exportados a campos completamente diferentes) para describir a herdanza dos carácteres.

Porén, co redescubrimento das leis da herdanza biolóxica de Gregor Mendel, xurdiron dous bandos separados de defensores da euxenesia. Un estaba formado por estatísticos e o outro por biólogos. Os primeiros crían que os segundos tiñan modelos matemáticos demasiado primitivos, mentres que os biólogos pensaban que os estatísticos sabían ben pouco de bioloxía.[12]
1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   ...   15

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com