División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página15/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
1   ...   7   8   9   10   11   12   13   14   15

¿Somos diferentes por natureza ou por cultura?: O sistema sexo-xénero

NATUREZA = SEXO; CULTURA = XÉNERO

¿Ata que punto as diferenzas no comportamento de mulleres e homes é produto do sexo máis que do xénero?, é dicir, ¿en que medida se deben a diferenzas biolóxicas?

O sexo identifica as diferenzas biolóxicas e o seu papel esgótase na reprodución. Mentres que o xénero é o conxunto de características e comportamentos que cada sociedade atribúe a cada un dos sexos.

Na nosa sociedade recoñecemos DOUS SEXOS BIOLÓXICOS: MACHO E FEMIA, e DOUS XÉNEROS SOCIAIS: FEMININO E MASCULINO.

O feminino e o masculino son categorías socioculturais que definen cómo deben comportarse, reaccionar ou sentir as persoas dun grupo social. Parecen naturais (atención!) -pois a maioría dos membros do grupo compórtanse así- pero son construcións sociais e poden variar dunha sociedade a outra e dun período histórico a outro (roles, xestos, identidade sexuada, vestimenta, etc.)

O hábitat que rodea a criatura recén nacida vai completar nela as condicións mínimas que necesita para a vida, conformando o que será a súa

personalidade. A adquisición de hábitos culturais comeza dende o berce e non cesará mentres viva o individuo.

(Hai moitos estudios que determinan que as diferenzas de xénero proceden da influencia social. Un experimento de J. P. Will e outros, no 1976, demostra que os adultos describen a personalidade dun bebé de xeito diferente dependendo de se cren que é neno ou nena; o mesmo ocorre co comportamento ante unha mesma criatura, que variaba considerablemente cando a vestían de rosa ou azul.)

Cada humano é un conglomerado de compoñentes culturais e biolóxicas aglutinadas entre eles, e que se inflúen mutuamente.

Polo tanto, non podemos falar da humanidade se non temos en conta o concepto de xénero, concibido como a condición social de ser homes ou mulleres, a diferenza do simple dato biolóxico. Esta polaridade, a pesar da súa creación social, non foi a penas cuestionada, senón que, polo xeral, foi aceptada como un feito dado.

A noción de xénero xorde a partir da idea de que O FEMININO E O MASCULINO NON SON FEITOS NATURAIS OU BIOLÓXICOS, SENÓN CONSTRUCCIÓNS SOCIAIS. A distinción entre sexo e xénero é unha contribución fundamental para aclarar o problema da desigualdade social.

O xénero (o masculino e o feminino) constitúese xa na primeira infancia e, na súa relación cos adultos, OS NENOS E AS NENAS SON CONDICIONADOS XENERICAMENTE (refórzanse os comportamentos que son considerados propios do seu sexo e inhíbense outros a través de múltiples mecanismos, entre os que atopamos a coerción implícita en adxectivos pexorativos aplicables a condutas inapropiadas tales como efeminado, marimacho, etc; constrúese así o home agresivo e competitivo, e a muller tenra e maternal).
Deste xeito, insístese nas asociacións universais entre muller e natureza por unha banda, e home e cultura por outra. A muller é asimilada ao natural pola función reprodutora e pola menstruación, e os homes son identificados co cultural; Sherry Ortner desenvolve a idea de que todas as culturas consideran a muller como parte de algo que menosprezan: a natureza, concibida como algo inferior que hai que dominar (“terra nai”).

Esta identificación de MULLER = NATUREZA e HOME = CULTURA (e todos os derivados desta dicotomía (división): feminino/masculino, emoción/razón, privado/público) provén da interpretación de que as mulleres reproducen a especie mentres que os homes crean a través da tecnoloxía, dos símbolos e da cultura. Identificando a muller coa natureza engadímoslle tamén as funcións relacionadas coa reprodución e co ámbito do privado, mentres que aos homes se lles deixan os asuntos públicos e políticos.

O PATRIARCADO.-

A supremacía masculina ou patriarcado consiste nunha "política sexual" exercida fundamentalmente polo colectivo de homes sobre o colectivo das mulleres.

A orixe da sociedade patriarcal produciuse pola división sexual do traballo, facendo que os homes se ocuparan da produción e as mulleres da reprodución. Esta foi a razón pola que as mulleres non tiveron acceso á organización social e política.

Nos albores da humanidade non se coñecía a relación causa-efecto entre o coito, a xestación e o parto. A maternidade era una calidade máxica das mulleres que as facía superiores. Pero cando se coñeceu o papel do home na reprodución, organizáronse una serie de estruturas para controlar a propiedade privada, os sistemas

de herdanza, etc., o que implicou o control da sexualidade das mulleres e a aparición do matrimonio.

Co control da natalidade as mulleres empezaron a ter menos criaturas e isto permitiulles incorporarse ao traballo fóra de casa. Actualmente estanse a incorporar ao mundo produtivo e os cambios sucédense día a día.


ACTIVIDADES

Sempre que ilustran a evolución da humanidade aparece o debuxo superior, parece que só evolucionou o home. Tes algo que dicir?

Pensa nas tarefas femininas e masculinas na nosa sociedade e repara no valor das mesmas. Repara tamén no uso lingüístico das profesións femininas e o seu poder ridiculizador (recorre a refráns, ditos populares, atributos descualificadores, etc.).


ENIGMAS
 “Laxe tiña un irmán. O irmán de Laxe morreu. Mais o home que morreu nunca tivo un irmán”

 “Un pai e máis o fillo ían en coche cando, de súpeto, o pai perdeu o control do vehículo e chocaron contra un poste telefónico. O pai morreu no acto, o fillo quedou ferido e foi levado rapidamente ao hospital, onde se lle apreciaron graves lesións que requirían unha urxente intervención. Foi chamado o equipo médico de garda e, cando chegou á sala de operacións para examinar ao rapaz, oíuse unha voz: Non podo operar este neno, é o meu fillo!”



TEXTO PARA A REFLEXIÓN
“Este verán faleceron dous cidadáns norteamericanos que cambiaron o mundo. Primeiro morreu ela, Rosa Parks, unha modesta costureira negra de Alabama que un bo día de 1955 simplemente se negou a ceder a un branco o seu asento no autobús como era obrigatorio daquela nos transportes públicos. Polo seu xesto, tan comprensible, foi detida e procesada.

Entón entrou en escena o noso segundo protagonista: Frank Johnson, tamén natural de Alabama, pero branco e xuíz. A el tocoulle dirimir, como maxistrado, o caso da rebelde costureira, e fallou que quen se comportara ilegalmente non era Rosa, senón a compañía de transportes por establecer un sistema de segregación racial e inconstitucional. Organizouse un escándalo tremendo, pero esa sentencia foi o principio da fin das normas racistas.

(...) [Rosa e Frank] Non tiveron que dirixir unha revolución armada nin realizar fazañas fabulosas: ambos se limitaron a vivir con coherencia e integridade as súas propias, diminutas vidas, e iso xa é en si tan enorme proeza que lograron cambiar o rumbo da historia.»

Rosa Montero, El País Semanal, 19-IX-1999
• ¿En que consistiu a proeza de Rosa e Frank?



TEXTO SOBRE O CAMBIO DE SEXO
As diferenzas biolóxicas –sexuais- teñen moita influencia nas nosas vidas. En xeral, nin nos decatamos, precisamente por estaren tan omnipresentes. Dende o principio están enraizadas en nós.

Contamos co exemplo de Morris, un coñecido escritor de libros de viaxes –membro dunha expedición británica que acadou o cumio do Everest-; era un home que se converteu en muller tras unha operación de cambio de sexo. Sempre se sentiu como unha muller, pero comportouse durante moitos anos como un varón. O seu cambio de sexo –e de vida- aportoulle unha serie de experiencias que lle permitiron percibir a diferenza entre os mundos en que habitaban as mulleres e os homes; así o relata nun libro de memorias escrito en 1974:
« Dise que a separación social entre os sexos está a estreitarse, pero eu só podo dicir que, tras experimentar na segunda metade do século XX a vida nos dous papeis (masculino e feminino), coido que non hai ningún aspecto da existencia, ningún momento do día, ningún contacto, ningún arranxo, ningunha resposta que non sexa distinta para os homes e as mulleres. O ton de voz co que agora se dirixían a min, a postura da persoa que tiña ao lado, a sensación cando entraba nun cuarto ou me sentaba na mesa dun restaurante, subliñaban constantemente o meu cambio de estatus.

Se as reaccións dos outros cambiaban, tamén o facían as miñas. Canto máis me trataban como unha muller, máis muller me facía. Adaptábame, queiras que non. Se alguén supuña que era unha incompetente para dar marcha atrás nos coches, ou para abrir botellas, atopábame estrañamente incompetente. Se se pensaba que una maleta era demasiado pesada para min, inexplicablemente así a atopaba eu...»

Jan Morris (1974): Conundrum. Oxford University Press, p. 79


 Por que o cambio de sexo lle supuxo un cambio de vida?

 En que consisten as incapacidades aprendidas? Pon exemplos.



FRASES PARA PENSAR

“Non se nace muller, chégase a selo” (Simone de Beauvoir)

“Aprendín o oficio de home duramente” (Luís Cernuda)

“Cambiar a vida antes de que a vida nos cambie” (Revolta estudantil Maio do 68)


ALGÚNS CONCEPTOS BÁSICOS PARA ANALIZAR
PREXUÍZO.- Son as opinións ou as actitudes que teñen os membros dun grupo respecto a outro. Os prexuízos están baseados en rumores máis que en probas directas e tenden a ser remisos ao cambio, aínda que se acceda a máis información.

EMPATÍA.- É a capacidade que posúen as persoas de poñerse no lugar das outras, e así, facerse unha idea dos seus sentimentos e emocións. Isto contribúe a que as relacións sexan satisfactorias e gratificantes, pois axúdanos a recoñecer as necesidades afectivas dos demais.

DISCRIMINACIÓN.- É unha conduta real que se ten cun grupo alleo e pode apreciarse en actividades que o privan das oportunidades de que outros gozan.



CUESTIONANDO O CONCEPTO DE RAZA
“Sabemos por investigacións de fisioloxía e xenética que a cor da pel é amplamente hereditaria,e que as diferentes cores da pel observadas hoxe na superficie da terra son debidas á adaptación. Existe unha pel clara en rexións pouco soleadas e frías, e pel escura en rexións intertropicais.

Pola localización dos focos de vida primitivos é probable que o home primitivo tivese unha pel escura, non necesariamente negra. Dende este punto de vista o home branco decolorouse porque emigrou a rexións frías, brumosas e pouco soleadas, (…) actuando o clima selectivamente sobre a pel para que nun determinado número de xeracións, a cor desta chegase a ser o que é hoxe (…) Pero todos os homes actuais (negros, amarelos, brancos, etc.) son membros dunha mesma especie, denominada homo sapiens
Jean Hiernaux (1971): Recientes descubrimientos sobre el origen del hombre. Ayuso, 1971.
 Sinala as ideas do texto.

 Os beizos dos chimpancés son máis finos cós dos individuos de pel branca, e os de pel negra teñen menos pelo no corpo. Que che suxiren estes datos?



TRABALLO PELÍCULA “EN BUSCA DEL FUEGO”
Vídeo: En busca del fuego

Reconstrución hipotética da prehistoria para o cine. Como di no cartel da película "unha aventura de ciencia e fantasía", que pretende reconstruír a sociedade de hai 80.000 anos en pleno Musteriense (Paleolítico medio) e amosar o que puido ser a vida daquela. Para a súa realización contouse coa colaboración de Desmond Morris como asesor da linguaxe xestual e todo o referente á expresión corporal, así como do escritor Anthony Burgess para a elaboración dunha linguaxe especial.

Está baseada na novela La guerre du feu de J.H. Rosny Ainé, publicada no 1911.

Narra a historia da viaxe de tres ulam (neandertais) que saen na procura do lume que xa coñecen pero non dominan. Os ulam vense acosados por dúas tribos, unha de homínidos recubertos de pel (que situariamos nunha antigüidade de millón e medio de anos) e outra de antropófagos (de características intermedias). Os ulam entran en contacto cos fkava, moito máis evolucionados (uns cromagnóns neolíticos, sedentarios, que aproveitan o lume, o leite, os recipientes...) Á coexistencia “irreal” destes grupos engadimos un espazo xeográfico que vai presentando zonas húmidas e frías xunto a praderías e rexións cálidas e planas. O maior acerto da película de Annaud atopámolo no que se refire aos tipos de cultura e sociedades que van aparecendo. Hai unha sucesión de distintos estadios de evolución da tecnoloxía, da sociedade, economía e cultura simbólica, dende o nomadismo ao sedentarismo, dende as ferramentas-armas indiferenciadas de madeira ata os propulsores de frechas magdalenienses, dende a xerarquización máis simple ata os sistemas sociais máis complexos. O papel dos símbolos, da linguaxe, a iniciación sexual ou a risa son aportacións do Annaud e Brach inexistentes na novela orixinal.


1.- Fai unha lista dos posibles usos do lume e das vantaxes derivadas da súa posesión. Considera as secuencias da película en que se presenta o seu carácter misterioso, roubado á natureza, o seu valor como signo de poder ou de vida.

2.- Describe algún mito asociado ao lume (por exemplo o de Prometeo) ou algún uso ritual ou festivo (por exemplo a chama olímpica, as fogueiras de San Xoán, etc.)

3.- Eran nómades ou sedentarios? Que implicacións ten?

4.- De que se alimentan? Comen a carne humana? Sinala as diferentes dietas alimenticias en función dos distintos niveis evolutivos.

5.- Como se visten?

6.- Fai unha lista das especies animais que aparecen na película. Sinala a fauna prehistórica desaparecida e a que subsiste na actualidade.

7.- Repara nas reaccións en que aparece o sentimento de tristeza, solidariedade, piedade, amor, amizade, alegría, risa, sorriso, intimidade ou pudor.

8.- Repara tamén nos dous modelos de comportamento sexual que presenta a película: o menos evolucionado ou ritualizado, no que aparece o impulso sexual como resposta inmediata ante a presenza do estímulo, e o máis elaborado, no que hai un sentimento de atracción que pretende continuar co xogo de atracción sexual máis lonxe da liberación de enerxías.

9.- Ata que punto podería considerarse esta película como de ciencia-ficción?

10.- Por que o título orixinal (en francés) é A guerra do lume?







1   ...   7   8   9   10   11   12   13   14   15

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com