División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página14/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
1   ...   7   8   9   10   11   12   13   14   15
partir del responda as cuestións que se formulan.

Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.

Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario apropiado, coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e retórica.


“O máis sorprendente que se ofrecía aos meus ollos era verme rodeado de novas aves, novas plantas, novos réptiles, novos moluscos e novos insectos que diferían polos pequenos detalles de estrutura, pola tonalidade da súa voz ou da plumaxe, no caso das aves, daqueles que vira nas chairas temperadas da Patagonia ou no cálido deserto do norte de Chile.

O feito máis sorprendente e importante para nos é a afinidade que existe entre as especies que viven nas illas e as da terra firme máis próxima, sen que sexan realmente as mesmas.

Como de cada especie nacen moitos máis individuos dos que poden sobrevivir e, en consecuencia, existe unha loita constante pola existencia, dedúcese que calquera ser, se se modifica aínda que sexa lixeiramente dalgunha forma vantaxosa para si mesmo, terá máis probabilidades de sobrevivir e, desta maneira, é seleccionado naturalmente. Esta conservación de diferenzas e variacións individuais favorables e a destrución das prexudiciais, chameina selección natural ou supervivencia do máis apto.”

Darwin (1859): A orixe das especies
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICiÓN
I)Marco histórico e conceptual: (avaliación:de O a 2,5 puntos)

- Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.

- Cuestión contextual: A viaxe do Beagle.
II ) Comprensión: (avaliación:de O a 6 puntos)

- Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: Historia do problema da orixe do ser humano.
III) Coñecemento específico: (avaliación:de O a 1,5 puntos)

- Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática, expoña -con claridade e rigor conceptual- as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da "Historia da Filosofía".

- Comentario persoal.

2.1.4.- O PROCESO DE HOMINIZACIÓN E HUMANIZACIÓN.



2.1.4.1.- A EVOLUCIÓN HUMANA.-

¿Quen somos? ¿De onde vimos? ¿Por que somos así?

Son as eternas preguntas do ser humano de todos os tempos ás que se deron diferentes tipos de resposta a través da filosofía, a relixión ou a ciencia.

Hoxe pouca xente (pero moi barulleira!) cuestiona A ORIXE ANIMAL DO SER HUMANO COMO FROITO DUN PROCESO EVOLUTIVO MOI LENTO E MOI COMPLEXO.

A vida apareceu sobre a Terra hai máis de tres mil millóns de anos nunhas formas viventes unicelulares, elementais, de orixe marítima. Nun proceso lento, a vida foi ascendendo a niveis de maior complexidade, pasando de animais unicelulares a pluricelulares, de invertebrados a vertebrados, e a grandes trazos, a orde seguida pola evolución foi de peixes a formas de vida anfibias, posteriormente a formas reptilianas e, a partir destas, ás aves e aos mamíferos.

No grupo dos mamíferos é onde aparecen os primates, e nestes xorden os homínidos que darán lugar ao ser humano actual.

Neste lento proceso é o medio o que selecciona aos mutantes máis aptos por selección natural. Temos que destacar nos animais superiores:

A EVOLUCIÓN DO SISTEMA NERVIOSO

A CREBRACIÓN CRECENTE

Ata chegar ao ser humano no que CONFLÚEN A EVOLUCIÓN BILÓXICA E A EVOLUCIÓN CULTURAL.

2.1.4.2- O PROCESO DE HOMINIZACIÓN.



Debemos ter presente que este proceso é a día de hoxe enigmático e con interpretacións contraditorias, debido tanto á escaseza dos fósiles como á súa diversa análise segundo quen os investigue.

Cremos saber, con certa certeza, que é en África onde nos separamos da liña evolutiva que conduce aos chimpancés, hai uns cinco millóns de anos. Teñamos en conta que a diferenza xenética entre un ser humano actual e un chimpancé é a do un por cento dos xenes.

A partir de aquí, podemos facer o seguinte desenvolvemento aproximativo:

ESQUEMA XERAL:

OREOPITECO

  • XÉNERO HOMÍNIDOS

AUSTRALOPITECOS

HOMO HÁBILIS

HOMO ANTECESSOR

PITECÁNTROPO

  • XÉNERO HOMO HOMO ERECTUS

SINÁNTROPO

HOMO NEANDERTHAL

HOME CROMAGNON

HOMO SAPIENS

HOMO SAPIENS SAPIENS

XÉNERO HOMÍNIDOS.- Os máis remotos antecesores nosos.

Características: bipedismo (non casual). Maxilares e brazos máis curtos cós nosos.

- OREOPITECO: O máis antigo. Hoxe semella que non ten que ver coa evolución cara á especie humana.

- AUSTRALOPITECOS (“Monos do Sur”): Chámanse así por seren atopados os primeiros restos en África meridional e central.

Características: Capacidade cranial de 500cc. Estatura variable dende 1,20 cm. a 1,50 cm. Cultura do coio. Empregan ósos e pedras. Non as transforman. Carroñeiros e recoletores. Non cazaban. ¿Intelixentes?
XÉNERO HOMO.-

  • HOMO HÁBILIS.- Contemporáneo do Australopiteco.

Características: Primitiva industria lítica (transformación rudimentaria de pedras). Capacidade cranial: 750cc. Tan altos coma nós. Pode ser considerado o primeiro ser humano. Sabemos que saíron de África e chegaron a Atapuerca (Burgos); así o demostra o cranio 5 denominado polos paleontólogos Ronaldo.

- HOMO ANTECESSOR.- Atopados os seus fósiles na gran Dolina (Atapuerca - Burgos).

Características: Recolectaban e cazaban. Eran caníbales. Tiñan un comportamento funerario que revela unha mente simbólica e espiritual.

- HOMO ERECTUS.- Atopados restos en Asia, África, Europa. Dentro deste xénero están:

- PITECÁNTROPO.- Tamén chamado “Home de Xava”.

Características: Capacidade ou volume cranial: 900 cc.; Tallaban machados de man. Cazaban grandes animais: caza social, que implica certa organización social e unha primitiva linguaxe.

- SINÁNTROPO.- Tamén chamado “Home de Pekín”.

Características: Capacidade cranial: 900-1200cc. Podemos falar de seres intelixentes pois sabían conservar o lume e tiñan unha industria lítica.

  • HOMO NEANDERTHAL.- Estendido por Europa, norte de

África, Asia Occidental.

Características: Ten a fronte escapada (fuxidía) e ausencia de mentón. Capacidade cranial: 1.500cc. (A mesma cá nós). Tallaron pedras dun xeito moi especializado: fabricaban punzóns, machados (ata sesenta tipos diferentes). Empregan o sílex como material. Viven na época glacial: ocupan covas e abrigos naturais. Dominan o lume (saben producilo artificialmente esfregando pezas de pirita de ferro). Cobren os seus corpos con peles de animais. Enterraban aos seus mortos dun xeito ritual (así o demostran os cadáveres atopados cos xeonllos dobrados contra o peito, cubertos de cunchas, pétalos ou flores).

- HOME CROMAGNON.- Chámase así por ser descubertos os seus restos na localidade francesa do mesmo nome. Son os coñecidos como “homes das cavernas”. É a forma a partir da que se desenvolve o ser humano actual.Existían en África, ao tempo que os Neanderthais. Hai a teoría de que se encontraron en Europa ambas ramas de homo e despois dunha apaixonada historia, os neanderthais extinguíronse.

Características: Volume cranial: 1500 cc. Capacidade para simbolizar. Únense, crean lazos defensivos e estruturas sociais primitivas.

- HOMO SAPIENS.- Pódese dicir que sae directamente do home de Crogmanon.

Características: Son os autores das pinturas rupestres. Desenvolven asombrosamente a arte: escultura e instrumentos en marfil, hastas de reno e óso; adornos persoais, figuriñas, símbolos gravados...

Dedícanse á caza, pesca e á recolección de produtos naturais. Vivían en cavernas ou chozas de madeira. Conviven cos mamuts. División sexual do traballo: as mulleres dedícanse á recolección e os homes á caza de animais grandes. Economía mixta na que homes e mulleres eran interdependentes.

Tiñan ritos máxicos. Veneraban a fecundidade (así o demostran as Venus). Supoñemos tamén que tiñan unha antropofaxia ritual.

Enterraban os seus mortos con utensilios, provisións e ás veces pintados de vermello ocre. non sabemos qué pensaban da morte nin por qué enterraban, pero poida que esteamos ante as primeiras ideas relixiosas

.

Moi, moi recomendable páxina sobre a hominización para visitar e descubrir, xogar...

http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1HP0C7LT3-20RKP4C-80CM/Hominizaci%C3%B3n.cmap

===================================
A IMPORTANCIA DO LUME.-

O lume é un factor de hominización; somos os únicos animais que acadamos control sobre el; é universal na natureza a aversión e a fuxida ante o lume. O animal non sabe controlalo, e tenlle medo dun xeito instintivo. Os humanos ao dominalo poden utilizalo en toda clase de industrias, e ademais grazas á súa protección nocturna coas fogueiras, poden durmir tranquilos ante os ataques dos predadores. A profundidade do sono humano é froito desta relativa despreocupación.

Os alimentos agora xa poden ser cocidos ou asados; tórnanse menos duros e máis dixeribles, polo que os maxilares e o aparello dixestivo se liberan dun enorme esforzo. Isto pode incidir na diminución gradual das mandíbulas que xa non precisan tanta forza nin tamaño para mastigar os alimentos, o que , á súa vez, provoca que se procesen arranxos na caixa cranial que posibilitan o aloxamento de maior cantidade de masa encefálica.



TEXTO

“O lume é en realidade unha adquisición de alcance multidimensional. A predixestión externa dos alimentos pasados polo lume alixeira o traballo do aparello dixestivo, a diferenza do carnívoro, que se sume nun pesado sono dixestivo despois de devorar a súa presa, o homínido, dono do lume, ten a posibilidade de acharse activo e alerta acabado de comer. 0 lume libera a vixilia e fai o propio co sono; pois dá seguridade tanto á expedición nocturna de cazadores como as mulleres e aos nenos que quedaron no refuxio sedentario; o lume crea o fogar, lugar de protección e de refuxio; o lume permite ao home durmir profundamente, a diferenza dos demais animais, que deben descansar sempre nun estado de alerta. Quizais o lume incluso favorecese o incremento e a liberdade dos soños. Por outro lado, a cocción favorece novas mutacións humanizantes que tenden a reducir a mandíbula á dentición, así como a liberar a caixa cranial de parte das súas tarefas mecánicas, co que se favorece o crecemento do volume do cerebro

Edgar Morin (1974): El paradigma perdido. Kairós, pp. 73-74
• Fai una lista coas sete vantaxes que trouxo o lume e que aparecen subliñadas.

2.1.4.3- A EVOLUCIÓN CULTURAL.-

A evolución humana como podemos apreciar xa non se produce soamente por mutacións xenéticas e selección natural, senón tamén por cambios máis rápidos e eficaces provocados polas actividades humanas.

Antes do Paleolítico, os antepasados do homo sapiens evolucionaban lentamente sen que ninguén tivera conciencia deste feito. Alterábase o código xenético dun xeito casual.

Agora, a humanidade sabe que evoluciona e pode actuar sobre esta evolución. A linguaxe foi un paso decisivo porque creou un novo sistema de comunicación entre as xeracións sucesivas. Falando e, moito máis tarde e nalgunhas culturas, escribindo, podemos deixar constancia das dificultades, esforzos, acertos e loitas. Deste xeito as solucións descubertas por eles xa non se perdían, senón que eran transmitidas aos restantes membros da propia xeración e aos das xeracións seguintes. Así deixou de ser necesario que cada individuo partise de cero cando se enfrontase cun medio hostil.

Certas culturas humanas puideron dedicarlle máis tempo á observación, á reflexión, ao cálculo, e foi así como foron creando a filosofía, a ciencia, a política, o dereito, que, transmitidos pola linguaxe, foron axudándonos a comprendernos mellor, a vivir con máis comodidade, a convivir con certa orde, a educar a nosa descendencia, a aproveitar case todas as posibilidades que ofrece o noso medio natural. (Realmente é hoxe así?)

A evolución cultural é moito máis rápida e poderosa cá evolución biolóxica. Por exemplo as aves, para voar, tiveron que desenvolver unhas estruturas anatómicas durante millóns de anos; a humanidade, en poucos anos, conseguiu unha.eficacia sorprendente, ata o punto de poder mesmo chegar á lúa.

A evolución cultural ou psicosocial é outra etapa do desenvolvemento evolutivo onde xa non rexen as normas da evolución biolóxica (selección natural, loita pola vida).
O ser humano cos seus “inventos”, alterou a marcha da evolución biolóxica rachando co equilibrio, de xeito que as consecuencias poden ser imprevisibles. Por exemplo, dificilmente se pode falar hoxe de selección natural cando, grazas á medicina, se pode chegar a exercer un control de natalidade que regule as poboacións, transplantes, próteses, curacións que permiten a existencia de individuos cos que a selección natural acabaría.

- PERIGO: Estas modificacións supuxeron en xeral un avance para o xénero humano; pero, como xa vimos, nalgún caso determinadas filosofías políticas empregaron o control da selección para tratar de crear razas máis fortes coa finalidade de dominar o mundo e someter a outros pobos.



2.1.5- A ESPECIE HUMANA ENFRONTADA E DIVIDIDA.-

2.1.5.1.- PROBLEMÁTICA RACIAL.-



Ante as diversidades atopadas actualmente entre os seres humanos foron aparecendo unha serie de teorías ou xustificacións das mesmas atendendo á orixe da humanidade. Hai que distinguir entre o monoxenismo e o monofiletismo. O primeiro supón que os nosos antepasados proceden dunha única parella de individuos, mentres que o monofiletismo afirma que xurdiron dunha mesma liñaxe e centro, que pode estar formada por varios individuos.

O polixenismo di que na nosa orixe hai varios individuos ou parellas, e o polifiletismo varias liñaxes ou centros.

Este debate tivo lugar sobre todo no século XIX, pero aínda que os monoxenistas defendían a orixe común dos pobos na parella primixenia (Adán e Eva), para eles as "razas inferiores" foran as que máis dexeneraran partindo da perfección orixinal. Os polixenistas mantiñan que Adán e Eva eran os antecesores da raza branca, e as outras razas -inferiores- saíran dunha creación separada. Ambos razoamentos poden constituír a base dunha doutrina social da desigualdade pero a polixenia era indubidablemente superior na xustificación da diferenza que serviría para lexitimar o escravismo e o colonialismo.
MONOXENISMO MONOFILETISMO POLIXENISMO POLIFILETISMO














TODOS – TODAS TODOS-TODAS RAZA BRANCA (SUPERIOR) TODOS-TODAS

(RAZA BRANCA = PERFECCIÓN) RAZAS INFERIORES

(DEMAIS RAZAS = DEXENERACIÓNS)

O darwinismo social e a sociobioloxía chegaron moi lonxe aplicando os principios darwinistas á sociedade política e aos diferentes grupos humanos. Apoiábanse en ideas coma estas: “A evolución social é produto da loita entre grupos sociais e a guerra é equivalente á loita pola existencia e a supervivencia dos máis aptos” (toma ).

Deste xeito é como se trasladaba a teoría da loita pola existencia e a supervivencia ao plano social e o individuo era substituído pola loita de grupos, razas ou clases sociais, e así a guerra, e a súa preparación ou prevención, converteuse na principal fonte de progreso. (A qué prezo!!)

Son moitas as teorías que tratan de explicar a diversidade do sapiens actual, coa intención de explicar a problemática racial dun xeito científico, pero non podemos esquecer que:

a) A cor da pel vén determinada soamente por tres ou catro pares de xenes dos cincuenta mil a cen mil que posúe cada individuo.

b) A pesar de que as razas están claramente diferenciadas unhas das outras, son máis as características comúns que as diferenciais e, de feito, a mestizaxe demostra que todos os humanos pertencemos a unha mesma especie que foi sufrindo variacións adaptativas que orixinaron as diferenzas raciais.

As forzas climáticas foron consideradas como posibles fontes de presión selectiva para os carácteres. Un complexo conxunto de procesos adaptativos nos que interveñen a melanina, a radiación solar, o cancro de pel e a deficiencia da vitamina D foron implicados na correlación entre pel pálida e hábitats nórdicos e entre pel escura e hábitats tropicais.

As razas humanas non son especies separadas. Son POBOACIÓNS que ocupan un espazo xeográfico concreto na distribución dunha especie e amosan unha serie de características diferentes.

Non hai dúbida de que a especie Homo sapiens sapiens consta de diferentes POBOACIÓNS que poden ser etiquetadas como razas. Pero as RAZAS que a xente distingue (negra, branca ou mongoloides, asiáticos, africanos, etc.) NON SON CATEGORÍAS VÁLIDAS. Poderiamos seleccionar a raza dos tiroideos e os hipertiroideos polo nivel de tiroxina en vez de polo pigmento da pel.

Os antropólogos prefiren SUBSTITUÍR O CONCEPTO DE RAZA POLO DE POBOACIÓN, pois unha poboación é simplemente un grupo no que os seus membros se cruzan entre eles e que amosan frecuencias xénicas diferentes cando se comparan cos grupos veciños.
2.1.5.1.- PROBLEMÁTICA SEXUAL.-



Se o proceso evolutivo ao home non lle trouxo máis que vantaxes, non ocorre o mesmo coa muller. Ela vai seguir vinculada á natureza por mor da súa capacidade reprodutiva que aínda no século XXI seguirá primando sobre a súa capacidade intelectiva que supostamente a separaba dos outros animais (ser humano = animal racional. Muller = animal reprodutivo ).

A posición erecta é desfavorable para a reprodución da especie xa que hai un ancheamento da pelve e un crecemento do cranio, factores que dificultarán o parto, así como ter que cargar os nove meses co feto sostida só por dúas pernas, cos problemas que se xeran sobre a columna vertebral. Por ser a muller a única que se reproduce, vese obrigada, polas características fisiolóxicas a criar e dedicar máis tempo as criaturas, ao que lle temos que engadir a explotación no traballo produtivo: agricultura, gandería, cocina, limpeza, coidado do homes e dos enfermos.

Existe unha asimetría (desigualdade) na división sexual do traballo en canto ao valor e a posición social que cada grupo lle outorga. Así podemos deducir que a ideoloxía da dominación precede á asignación das tarefas. O IMPORTANTE XA NON É O TRABALLO QUE A MULLER REALICE, SENÓN MÁIS BEN O SEU VALOR E PRESTIXIO SOCIAL. (TEORÍA DAS TRES K. ¿Páganlle algo á muller polo inmenso traballo na casa, polo coidado dos familiares enfermos, por……….)
1   ...   7   8   9   10   11   12   13   14   15

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com