División da filosofíA (Apuntamentos na aula)






descargar 0.6 Mb.
títuloDivisión da filosofíA (Apuntamentos na aula)
página1/15
fecha de publicación29.07.2015
tamaño0.6 Mb.
tipoAula
ley.exam-10.com > Historia > Aula
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   15
CONTIDOS FILOSOFÍA 1º BACH. CURSO 2012/2013

1ª AVALIACIÓN



TEMA 1: O SABER FILOSÓFICO

    1. CULTURA E HUMANISMO

    2. A PALABRA FILOSOFÍA

    3. A ANSIA DE SABER

    4. DIVISIÓN DA FILOSOFÍA

    5. A ORIXE E O DESENVOLVEMENTO DA FILOSOFÍA (RACIONALIDADE TEÓRICA, RACIONALIDADE PRÁCTICA)

TEMA 2: O SER HUMANO. Persoa e sociedade I

    1. O PROBLEMA DA ORIXE E EVOLUCIÓN DO SER HUMANO

      1. HISTORIA DO PROBLEMA DA ORIXE DO SER HUMANO:

(FIXISMO; EVOLUCIONISMO; MENDEL; NEODARWINISMO…)

      1. DARWINISMO SOCIAL E EUXENESIA

2.1.2.1.- AFONDANDO NA EUXENESIA

      1. A SOCIOBIOLOXÍA

2.1.3.1.- AFONDANDO NA SOCIOBIOLOXÍA

      1. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN E HUMANIZACIÓN

        1. A EVOLUCIÓN HUMANA

        2. O PROCESO DE HOMINIZACIÓN

        3. A EVOLUCIÓN CULTURAL

      2. A ESPECIE HUMANA ENFRONTADA E DIVIDIDA

        1. PROBLEMÁTICA RACIAL

        2. PROBLEMÁTICA SEXUAL


# actividades



TEMA 1: O SABER FILOSÓFICO.-



    1. CULTURA E HUMANISMO (Apuntamentos na aula)

    2. A PALABRA FILOSOFÍA (Apuntamentos na aula)

    3. A ANSIA DE SABER (Apuntamentos na aula)

    4. DIVISIÓN DA FILOSOFÍA (Apuntamentos na aula)


1.5.- A ORIXE E O DESENVOLVEMENTO DA FILOSOFÍA (Breve resumo da Historia da Filosofía).-



A Filosofía aparece en Mileto (), cidade das colonias gregas de Asia Menor, no século VI a.C. O paso fundamental para que aparecera a Filosofía foi REXEITAR O MITO PARA PASAR AO LOGOS().

Podemos facer un desenvolvemento da Historia da Filosofía de xeito cronolóxico:
A) FILOSOFÍA ANTIGA (Autores fundamentais: PLATÓN, ARISTÓTELES...)

B) FILOSOFÍA MEDIEVAL E RENACENTISTA (CRISTO, AGOSTIÑO, TOMAS, OCKHAM, MAQUIAVELO, BACON..)

C) FILOSOFÍA MODERNA (DESCARTES, SPINOZA, LOCKE, HUME, ROUSSEAU, KANT...)

D) FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA (MILL, MARX, NIETZSCHE, WITTGENSTEIN, HEIDEGGER, HABERMAS, ORTEGA Y GASSET...)


  1. FILOSOFÍA ANTIGA.- (S. VI A.C – S. III D. C.)


1) FILÓSOFOS PRESOCRÁTICOS (S. VI A. C.)

A pregunta fundamental que se fan é CAL É O PRINCIPIO OU PRINCIPIOS ÚLTIMOS (ou primeiros () DAS COUSAS = ARCHÉ (ou ARJÉ ou Arkhé)

a) FILÓSOFOS DE MILETO

TALES.- () O arché para el era a AUGA.

ANAXIMANDRO.- () O arché para el era o APEIRON ()

ANAXÍMENES.- () O arché para el era o AIRE.

b) CIENCIA E MÍSTICA: O PITAGORISMO

Fundado por PITÁGORAS que forma unha seita ético-científica ()

Cre na TRANSMIGRACIÓN da alma (). O arché para eles sería o NÚMERO + MEDIDA = HARMONÍA (“Todos os seres son formulables matematicamente”) ()

c) NATUREZA E LOGOS:

- HERÁCLITO: (Rei de Éfeso (). PLURALIDADE MÓBIL. “Todo flúe, nada permanece”, “Entramos e non entramos no mesmo río: somos e non somos” ().

LOITA DE CONTRARIOS: “Como o arco e a lira”.

“A guerra é pai de tódalas cousas e rei de tódalas cousas; a uns fíxoos deuses e a outros fíxoos homes” ()

Para el o arché sería o LUME. (?)

  • PARMÉNIDES (aristócrata (). UNIDADE INMÓBIL. “O ser é e non pode deixar de

ser”, “O non ser non é e non pode chegar a ser” ()

O Arché sería O ENTE = ESFERA HOMOXÉNEA.

d) O PROBLEMA DOS ELEMENTOS:

- PLURALISMO (): -EMPÉDOCLES: (personaxe lendario ().

Todo composto por 4 elementos, que son as 4 RAÍCES DO SABER: auga-aire-terra-lume.

-ANAXÁGORAS: O arché para el sería o NOUS, que sería unha especie de entendemento, intelixencia superior. ()

- ATOMISMO (): -DEMÓCRITO: O Arché para el sería o ÁTOMO (“que non se pode cortar”). Debido a choques AZAROSOS entre átomos situados no baleiro fórmase por AZAR o universo. ()

2) OS FILÓSOFOS SOFISTAS (S. V a. C.)

Individualistas. () Preocúpanse polo ser humano. Abandonan o tema do arché.

- PROTÁGORAS, GORXIAS...: “Todas as leis son convencionais” ().

3) SÓCRATES (S. V)

Considerado o pai da Filosofía. Ten un ha actitude de humildade e respecto. Condenado a morte. () “Só sei que non sei nada”. “O principio da sabedoría é a ignorancia”. ()

O seu método de ensino é a maiéutica (diálogo). Para el o principal é ser un educador que faga como a súa nai (comadroa) e o seu pai (arquitecto) (). “Coñécete a ti mesmo”. ()

Mestre de Platón. Cre no intelectualismo moral: ser sabio = ser virtuoso = ser feliz. “Non hai culpables, polo tanto, non se necesitan cárceres, senón escolas”. ()
4) PLATÓN (S V-IV a. C)

A primeira gran figura da Fª Antiga.

Mestura Heráclito + Parménides. Elabora a Teoría das Ideas. Dous mundos: Sensible e intelixible ou das Ideas. Mito da Caverna. (). O seu fin é o goberno da cidade, da polis.
5) ARISTÓTELES (S. IV a. C.)

Para moitos o filósofo máis completo.

Sistematiza toda a filosofía.

Alumno de Platón, pero con confianza na experiencia.

Elabora o hilemorfismo, a teoría das causas. ()

“Pódese amar aos amigos e á verdade; pero o máis honesto é preferir a verdade” ()
6) ESCOLAS HELÉNICAS (s. III a.C – III d.c) ()

Fundamentalmente éticas.

-ESTOICISMO: VIVIR A VIDA SEN PAIXÓNS. Conciencia racional persoal. Aceptan o suicidio. (SÉNECA) ()

-EPICUREÍSMO: A MORAL TEN QUE BASEARSE NO PRACER, DO CORPO E DA ALMA (EPICURO: “Moi pouca cousa son aqueles que atopan moitos motivos razoables para abandonar esta vida” ()

- ESCEPTICISMO: A ACTITUDE CORRECTA ANTE A VIDA É DUBIDAR DE TODO. Pero esta dúbida produce SUFRIMENTO. Para non sufrir hai que chegar a un estado que denominan IMPERTURBABILIDADE (NIRVANA, ATARAXÍA) ()


  1. FILOSOFÍA MEDIEVAL E RENACENTISTA.- (S. I –S. XVI)


PENSAMENTO CRISTIÁN.-
7.- CRISTO.- (6 a.C – 29 d.C.)

Filosofía baseada no amor incondicional, na dozura, na xustiza, no perdón das ofensas. E, como non, na igualdade entre todos os seres humanos. A súa filosofía básica podemos atopala nas benaventuranzas. Predica a pobreza e o desinterese polas cousas materias deste mundo: “É máis fácil que entre un camelo polo ollo dunha agulla que un rico no reino dos ceos” ()
8.- AGOSTIÑO (Sto. AGOSTIÑO) (S IV d.C).-

Pertence á chamada corrente PATRÍSTICA (PAIS DA IGREXA). É importante a súa Tª da Iluminación. Loita contra todas as seitas. Confía na fe máis que na razón. Segue a Platón.
9.- TOMÁS DE AQUINO (Sto.. TOMÁS) (s. XIII d.C.).-

Segue a Aristóteles. (problemas (). Aparecerá así a corrente do aristotelismo tomista fronte ao neoplatonismo agustiniano. Fai unha proba (chamada proba das 5 VÍAS) para demostrar a existencia de Deus. Confía nos sentidos e na razón, así como na razón e a fe. Axúdanse mutuamente. Pertence á corrente denominada ESCOLÁSTICA.
10.- OCKHAM (s. XIV).-

É un autor nominalista, CRÍTICO. Di que por un lado está a razón e por outro a fe. Deus é TODOPODEROSO. “Creo en Deus todopoderoso” (). É famosa a chamada NAVALLA DE OCKHAM, que consiste en que para el Tomás e outros autores complicaban a filosofía e había que “eliminar”moitas cousas.
PENSAMENTO RENACENTISTA.-

No século XV xorde o Renacemento, non como ruptura coa época medieval, pero si como aparición de novas ideas. Pasa de ser Deus, a ser o ser humano quen supostamente debe ocupar o centro das investigacións. Gran importancia á ciencia. Aparece así a CIENCIA MODERNA OU RENACENTISTA: COPÉRNICO, KEPLER, GALILEO, LEONARDO DA VINCI... Método experimental, indución, dedución, etc.. Graves problemas coa igrexa ().
11.- MAQUIAVELO (S. XV-XVI).-

Basea a súa Filosofía no pensamento político. Parte dunha visión pesimista do ser humano (pesimismo antropolóxico): “o home por natureza non é bo nin malo, pero na práctica tende a ser malo; móvese por ambición, paixóns e desexos insaciables”. ()

Debido a isto tenta fomentar unha política que elimine a corrupción, fala da figura do “príncipe” (), e considera que en situacións excepcionais e dramáticas poden necesitarse medios incluso contrarios á moral. “O fin xustifica os medios” ().


  1. FILOSOFÍA MODERNA.- (S. XVII – XVIII)

Aparecen dúas correntes contrapostas: o Racionalismo (confianza básica na razón), con autores como Descartes, Spinoza, etc. E o Empirismo (confianza básica nos sentidos), con autores como Locke e Hume. Non será ata a chegada de Kant que ambas correntes sexan superadas. Sinalar tamén a importancia da Ilustración, movemento cultural fundamental, que se inicia no século XVII, ten o seu esplendor no século XVIII ou século das luces e incluso perdura ata o século XIX.

12.- DESCARTES (S. XVII).-

Autor racionalista. Confianza plena na razón. Desconfianza dos sentidos. Utiliza o chamado método cartesiano, que se basea nas súas 4 Regras do Método. Chega á súa primeira verdade, a partir da cal constrúe toda a súa filosofía: COGITO, ERGO SUM: PENSO, LOGO EXISTO ().
13.- LOCKE (S. XVII).-

Autor empirista, é dicir, teorías baseadas na experiencia. De tódolos xeitos, hai momentos en que “cae” en tendencias racionalistas. Moi importante a súa política. Traballa en algo que desenvolverá MONTESQUIEU: a SEPARACIÓN DE PODERES: LEXISLATIVO, EXECUTIVO, XUDICIAL. Defende a MONARQUÍA CONSTITUCIONAL. ()
14.- HUME (S. XVII).-

Empirista radical, ata o punto de NEGAR a TEORÍA DA CAUSALIDADE (). Dálle gran importancia aos sentimentos.
15.- KANT (S. XVIII)

Un dos grandes filósofos de todos os tempos. Mestura Racionalismo e Empirismo nunha teoría complexa pero moi ben traballada. Na súa gran obra “Crítica da Razón Pura” NEGA QUE A METAFÍSICA SEXA UNHA CIENCIA (). Como bo autor ilustrado segue o lema deste movemento: “SAPERE AUDE! = ATRÉVETE A SABER! Ten o valor de servirte da túa razón sen a guía doutros”. “Preguiza e covardía son a causa de que gran parte da humanidade siga aínda no estado de minoría de razón” (). Na ética baséase no DEBER: “Santo é quen cumpre sempre co seu deber” ()
D) FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA.- (S. XIX – XX)
Como podemos observar ao comezo, hai unha gran cantidade de autores que desenvolven as súas teorías nesta época. Sinalaremos algúns importantes, tendo en conta que a finais do século XX aparecen grandes filósofos que xa son clásicos desta disciplina e que o século XXI agarda por tod@s.
16.- MARX (s. XIX)

Creador do Marxismo. Baséase en que o que move o mundo é a ECONOMÍA. Hai así unha loita de clases entre os que teñen os medios de produción: capitalistas e os que só teñen o seu traballo: proletariado, que teñen que vender, o que para Marx é como venderse a si mesmos, para poder sobrevivir. Fala da Superestrutura e a Infraestrutura (). Pensa que os seres humanos (incluídas as mulleres () estamos alienados () polo traballo, pola política policial, pola relixión: “A relixión é o opio do pobo” (). Un día os proletarios se rebelarán e chegará un mundo xusto e igualitario para homes e mulleres. O comunismo como tal nunca se chegou a dar na historia, a pesar dos intentos da Unión Soviética, Cuba, China, etc.. ().
17.- NIETZSCHE (S.XIX).-

A pesar da súa vida () a súa filosofía é o VITALISMO. É dicir, o máis importante que hai nesta vida é a vida e hai que vivila con cada dor e cada alegría. É irracionalista, confía nos sentimentos, na paixón, no descontrol, non na filosofía anterior, no na racionalidade. Polo tanto, todo o visto ata agora non tería ningún valor para el, non sendo Heráclito. Pensa que todo o problema empezou con Sócrates e Platón que eran unha especie de “enfermidade”. Sinala que temos que MATAR A DEUS, para chegar a ser SUPERHOMES (). Cre no ETERNO RETORNO ().
18.- ESCOLA DE FRANKFURT: HABERMAS, MARCUSE... (S.XX)

Algunhas características básicas desta escola e, en concreto, de dous dos seus grandes autores é que fan unha Teoría Crítica, revisando a Freud e a Marx ().

Marcuse sinala que debería haber unha “ditadura educacional” para que non ensinen o fundamental: “cultivar a sensibilidade”, por exemplo. Del sairán as grandes proclamas que os rapaces e rapazas do Maio do 68 e do actual movemento antiglobalización toman como propias: “A imaxinación ao poder”; “Sexamos realistas: Pidamos o imposible”; “Queremos atopar area baixo as pedras” ().

Habermas destaca pola súa gran capacidade reflexiva e polo que el chama condicións ideais da fala, que nos levarían a un verdadeiro diálogo. ().

A ciencia ten que estar ao servizo do ser humano; necesitamos tecnoloxía para mellorar o mundo para todos. Do mesmo xeito é fundamental a labor dos “mass media”, medios de comunicación, que só nos fan vivir na “cultura do hipermercado” ()

En xeral pensan que vivimos nunha falsa “sociedade do bienestar”, que só é unha máscara que oculta consumo, dominación, falta de ecoloxismo, de respecto ao medio ambiente, destrución, insensibilidade, guerras, etc., etc., en nome do capital ou de deuses vingativos. (Hai unha reflexión certamente dura de Steven Weinberg, Nobel de Física en 1979: “Con relixión o sen ela, habería xente boa facendo cousas boas, e xente malvada facendo cousas malas, pero para que a xente boa faga cousas malas fai falta relixión”. Ós que lle pareza demasiado dura poden substituír “relixión” por “estar cheo de razón”. (X.M. Pereiro) ()



TEMA 2: O SER HUMANO. Persoa e sociedade I

2.1.- O PROBLEMA DA ORIXE E A EVOLUCIÓN DO SER HUMANO.-



2.1.1.- HISTORIA DO PROBLEMA DA ORIXE DO SER HUMANO.-

Nos nosos días a teoría da evolución por selección natural é a máis aceptada (non quere dicir incuestionable, ollo!; por exemplo: ver episodio 21, Temporada 17: “El hombre mono” de Los Simpsons). Esta teoría explica como a partir de certa enerxía inicial, a vida foi evolucionando lentamente e acadando formas de maior complexidade ata chegar ao ser humano actual.

Pero durante séculos foi a teoría fixista a que explicaba o problema: “As especies son invariables, son fixas a través do tempo”. O cristianismo deulle o enfoque relixioso a esta teoría, facéndoa coincidir co relato bíblico do libro da Xénese (creacionismo): “Foron creadas por Deus tal e como as coñecemos agora”.

LINNEO (s. XVIII) fixo a primeira clasificación sistemática dos seres vivos (nomenclatura binomial: canis familiaris, canis lupus, etc.).

BONNET e CUVIER fixeron grandes aportacións á paleontoloxía no seu estudio de fósiles animais.

Con LAMARCK temos a primeira formulación teórica do EVOLUCIONISMO.

A principios do século XIX publica Filosofía zoolóxica. A súa teoría é a ADAPTACIÓN AO MEDIO: a vida desenvólvese nun medio determinado no que se poden producir cambios. Os cambios orixinan unhas necesidades de adaptación ás novas circunstancias. Estas necesidades determinaron o desenvolvemento/atrofia de certos órganos e a aparición de órganos novos. Polo tanto, como Lamarck di: “a función crea o órgano”.

As teorías de Lamarck supuxeron o primeiro intento coherente de explicación da transformación dos seres vivos, pero non explica cómo se herdan as modificacións “adquiridas”.
  1   2   3   4   5   6   7   8   9   ...   15

Añadir el documento a tu blog o sitio web

similar:

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconFacultad de Filosofía y Humanidades. Carrera: Pedagogía en Filosofía. Curso: Psicología

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales

División da filosofíA (Apuntamentos na aula) iconIteso – Departamento de Filosofía y Humanidades. Licenciatura en Filosofía y Ciencias Sociales






© 2015
contactos
ley.exam-10.com